A Xunta Local de Seguridade de Camariñas celebrarase o 22 de outubro

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, solicitou á subdelegación de goberno a convocatoria da Xunta Local de Seguridade para tratar diferentes asuntos que inciden na calidade de vida dos veciños de Camariñas, que se convocou inicialmente para o próximo luns, 22 de outubro ás 11 horas. ...

O proxecto do Centro de Día de Camariñas contará cun importante apoio económico da Deputación da Coruña

Continuamos en Camarinas.eu facendo un resumo da derradeira visita do Presidente da Deputación da Coruña ao noso concello e que deixou un balance moi positivo. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, trasladou ao presidente provincial unha das principais demandas do goberno municipal: a creación dun centro de día para as persoas maiores do municipio e anunciou que nos próximos días solicitará unha entrevista coa nova conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García, para trasladarlle esta demanda. ...

O Concello de Camariñas solicita a Xunta de Galicia que doble a aula de 1º de primaria do CEIP O Areal de Camariñas

Hoxe, xoves 11 de outubro, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, o segundo tenente de alcalde, Juan Carlos Canosa, e os directores do CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto reuníronse co Xefe Territorial de Educación da Xunta de Galicia para solicitar diferentes melloras nos centros educativos do municipio. ...

Os campamentos de verán do Concello de Camariñas afiánzanse ano tras ano

No momento que se está a piques de pasar o Ecuador do Obradoiro, que está a levar a cabo o Concello de Camariñas, nas dúas primeiras quendas levan participado nel, 145 rapaces e rapazas nados entre os anos 2014 e 2004, ambos incluídos. ...

A Xunta de Galicia premia ao IES Pedra da Águia de Camariñas no concurso ComunicaTedu

O IES Plurinlingüe Pedra da Aguia de Camariñas gaña o 3º premio do concurso ComunicaTedu da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Hoxe, venres 25, os tres equipos que foron preseleccionados no Concurso ComunicaTedu , acompañados da profesora que guio a actividade, Silvia Lijó, desprazáronse á Cidade da Cultura de Compostela para participar non evento InquEDU 2018: Falemos de educación. ...