Ampliación do horario de peche dos locais de hostalaría de Camariñas durante a campaña de Nadal

O Servizo de Interior e Espectáculos Públicos da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia deu o visto bo á solicitude do Concello de Camariñas para ampliar o horario de peche de todos os locais de hostalaría do municipio durante a campaña de Nadal 2018-2019. O goberno local dirixido pola alcaldesa Sandra Ínsua realizou esta petición co obxectivo de que a veciñanza celebre as festas de Nadal, dado que son datas nas que o ocio nocturno comeza máis tarde. Así, ampliarase unha hora o horario de peche dos establecementos de hostalaría os días 21, 22, 23, 24,...

Os primeiros alumnos do IES Pedra da Águia celebran o 20 aniversario do instituto

Un grupo de ex-alumnos do Ceip de Ponte do Porto nacidos entre 1984 e 1983 despois de 5 anos reunidos nun grupo de facebook para non perder o contacto entre nos. A finais do curso pasado comenzamos a falar de que habería que facer algo porque facía 20 anos que éramos os primeiros alumnos, xunto cos do Ceip de Camariñas, do IES de Ponte do Porto, que así se comezou chamando o instituto IES Pedra da Águia. Así, en Setembro deste mesmo 2018, creamos un grupo novo de Facebook e comezamos a investigar por onde andabamos o resto de alumnos...

Un mercado de Nadal e Belén Vivente na praza de San Xurxo de Camariñas

O Concello de Camariñas instalará este domingo, 23 de decembro, o espírito de Nadal na praza de San Xurxo. Alí levarase a cabo un Mercado de Nadal e un Belén Vivente no que se poderán gozar de diferentes propostas de ocio típicas desta época ...

Papá Noel visitará todas as parroquias do Concello de Camariñas

Papá Noel, ese entrañable gordinflón tan querido polos nenos nestas derradeiras navidades, estará en Camariñas e o concello habilitou un espazo para que instale a súa caseta de madeira en todas as parroquias do concello. Este mércores San Claus comezará as súas entrevistas cos nenos en Camariñas, na Praza do Concello a partires das 18:00 horas deste tarde. En Arou pasará revista aos nenos este xoves 20 de nadal. O venres será o turno dos pequerrechos de Camelle. O sábado Papá Noel visitará a Ponte do Portol e finalmente o noso querido gordinflón entrevistarase cos máis pequenos da parroquia de...

Europa móvese ao ritmo de Camariñas

O venres 14 de decembro pola tarde, os embaixadores junior do IESP Pedra dá Aguia de Camariñas participaron nunha charla-coloquio que tivo lugar na Deputación da Coruña. Convidados por EuropaDirect A Coruña, os embaixadores junior escoitaron atentamente as argumentacións que sobre o Brexit, a migración e a defensa europea fixeron os eurodeputados galegos Francisco Millán Mon e José Blanco. A continuación, formularon por escrito máis de 40 preguntas, algunha das cales tivo resposta polos europarlamentarios. Non lles soubo a moito, xa que finalizado o debate seguiron preguntando a un dos oradores por máis de 20 minutos. ...