O IES Pedra da Águia volve a formar parte das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo

O IESP Pedra dá Aguia da Ponte do Porto (Camariñas) volve este curso 2018-2019 a formar parte do programa de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, tras obter brillantemente esta distinción o curso pasado. Os novos embaixadores junior están entusiasmados co reto e procurarán facelo aínda mellor. En principio, a próxima semana asistirán ao Programa de Inmersión lingüística en inglés que organiza a Consellería de Educación.. A semana seguinte, será o coordinador das Escolas Embaixadoras do Centro, Jacobo Santos, o que acuda a un curso de formación en Bruxelas para entrar en contacto con outros embaixadores europeos sénior. Finalmente, 2018 acabarano todos xuntos participando...

O mal tempo obriga a aprazar a ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ de Camariñas

O forte temporal que afectará a toda Galicia durante esta fin de semana obrigou ao Concello de Camariñas a aprazar para a próxima semana as actividades programadas para a ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ que finalmente se levará a cabo do venres 16 ao domingo 18 de novembro. Só se manterá para o sábado, 10 de novembro, ás 22 horas a ofrenda floral aos náufragos da Costa da Morte e do Serpent que terá lugar no Cemiterio dos Ingleses e que correrá a cargo da Real Liga Naval Española, da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e do cura de Camariñas. ...

Os alumnos do IES Pedra da Águia regresan da súa viaxe ao sur de España

Un grupo de 24 alumnos de 2°ESO do IESP Pedra da Aguia de Camariñas regresan de terras extremeñas e andaluzas por onde durante unha semana e co programa do MEC “Rutas científicas, artísticas e literarias”, percorreron os lugares máis emblemáticos da terra de Bécquer, Juan Ramón Jiménez e Rafael Alberti, viron minas, covas, salinas, cidades cargadas de historia e monumentos e ata cociñaron. A organización e o traballo por parte das monitoras foi impecable e os rapaces gozaron enormemente duns días de intercambio cultural e convivencia cos alumnos do centro de Salamanca cos que compartiron Ruta. ...

4.500 euros no XXVI Concurso de Noveis Deseñadores de Moda da Mostra do Encaixe 2019

Na mañán deste martes 23 de outubro, o BOP publica as bases do XXVI Concurso de Noveis Deseñadores de Moda, que se levará a cabo durante a XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas entre o 17 e o 21 de abril e que repartirá nesta edición un total de 4.500 euros en premios. Este certame, que xa está totalmente consolidado e é altamente valorado no mundo da moda, mantén o obxectivo que persigue desde os seus comezos: fomentar e promocionar a aplicación do Encaixe de Camariñas na moda. ...

Camariñas mantén un índice de criminalidade por debaixo da media da provincia

Este luns 22 de outubro, tivo lugar a Xunta Local de Seguridade que convocou o Concello de Camariñas e na que tanto a subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo, como o coronel da Garda Civil, Francisco Javier Jambrina Rodríguez, confirmaron que actualmente Camariñas ten un índice de criminalidade por debaixo da media da provincia. ...