A grabación do proxecto "Eu son Camariñas" revoluciona todo o concello

Poucas veces se víu a todas as parroquias do concello de Camariñas revolucionadas de tal maneira como na mañá deste luns 11 de marzo. O motivo de tal sobresalto popular non era outro que o regreso das grabacións dun proxecto que marcará un antes e un despois na promoción do concello. Os integrantes do equipo de producción do proxecto audiovisiual "Eu son Camariñas" comezaban moi cedo as labouras dixitais que veñen a poñer o broche final a esta serie de grabacións que se sucederon ao longo de todo o concello. Entre os protagonistas desta historia que está chamada a quedar xa...

Manifestación comarcal a favor da igualdade o 8 de marzo en Camariñas

Este venres, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha manifestación comarcal pola igualdade partirá ás 19 horas da estatua da muller en Camariñas. A marcha estará encabezada por unha pancarta na que se poderá ler o slogan ‘A igualdade é unha necesidade’. ...

Camariñas será a sede da xornada de diversidade funcional organizada por Integro

O Concello de Camariñas acollerá este ano a xornada de diversidade funcional organizada por Íntegro, a ‘Asociación de persoas con diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra’, que terá lugar no último trimestre do ano aínda que aínda non está definida a data concreta. ...

A resposta da Xunta á crise da tuberculose en Camariñas: 3 horas menos de pediatría para os nosos nenos

Pois hai uns días que xa temos a sorprendente solución por parte da Xunta de Galicia para o preocupante brote de tuberculose recentemente detectado en un número aínda indeterminado de menores dentro do Concello de Camariñas: a drástica reducción por parte do SERGAS do servizo de pediatría en todos os centros médicos do concello. Tal cual señores e señoras, a partir de agora todos os nenos empadroados no noso concello terán ata 3 horas menos de atención médica cada día co non menos sorprendente visto bo de todos e cada un dos políticos locais. Así que si antes desta polémica...

2.800 euros en premios no Concurso de Comparsas do Entroido no Concello de Camariñas

O Concello de Camariñas deseñou un completo programa de actividades para o Entroido. O acto central será outro ano máis o Concurso de Comparsas, que se celebrará o luns, 4 de marzo, e que nesta edición aumenta a contía dos seus premios repartindo 2.800 euros en total. No certame poderán participar as 12 primeiras comparsas que se inscriban no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica. As restantes quedarán nunha lista de reserva. O prazo está aberto desde mañá, 19 de febreiro, ata o vindeiro xoves, 28 de febreiro, e as comparsas deberán estar formadas por un mínimo de 10...