Banquete de despedida no Villa de Oro

Imaxe de grupo dos asistentes á cena de despedida a Carlos Ramos Prieto este 2 de xaneiro de 2009
Imaxe de grupo dos asistentes á cena de despedida a Carlos Ramos Prieto este 2 de xaneiro de 2009

Na noite deste venres 2 de xaneiro, os amigos de Carlos Ramos Prieto decidimos reunirnos no Villa de Oro, un dos restaurantes máis antigos e con máis solera da Costa da Morte, para celebrar unha cena de despedida a este camariñán que actualmente reside en Fuerteventura, lugar de orixe da súa esposa Nereida. Alí, ao carón do emblemático barrio da Plaza Mayor, auténtico casco histórico de Camariñas, algúns membros daquel lexendario grupo de amigos coñecido como "La Vieja Guardia" déronse un auténtico banquete culinario elaborado polas mans expertas da nosa amiga Lita. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa e ver unha galería fotográfica.

Banquete de despedida no Villa de Oro

Si a web camarinas.eu tiña unha cuenta pendiente cunha persoa, ésta era Carlos Ramos Prieto, gran amigo e mellor persona. Por eso, aproveitando o seu último viaxe ata as terras camariñanas con motivo de pasar o Nadal ca súa familia, os seus primos e amigos decidimos reunirnos nun restaurante emblemático de Camariñas, o Villa de Oro, para estar todos xuntos como había moito tempo que non acontecía e desexarlle que o antes posible volte para estar con nós. O menú, un auténtico banquete gastronómico, tivo como estrella destacada as "ameixas japónicas" en salsa verde, tal e como se encargou de ilustrarnos Luis de Quecha, cuio dominio sobre o mundo do marisqueo aumenta de forma exponencial día a día da man do noso querido amigo e maestro do bon vivir O Rocco, e que tiñan un sabor tan insuperable que fixeron que o redactor de cine de camarinas.eu Luis Esteiro Ramos deixara o seu plato tan limpio como Charles Bronson limpiaba de chusma as calles de Boston.
 
Algúns aínda recordamos cando hai xa uns anos, nunhas Festas de Malpica, Carlos coñecío fruto da casualidade a unha fermosa rapaza canaria que estaría chamada a determinar o seu futuro. Daquela, no momento en que se coñeceron, Carlos era un xoven licenciado en Económicas pola Universidade da Coruña, cun Máster en Xestión de carteiras, un Postgraduado en Derivados e que viña de pasar un ano e medio en Londres especializándose no dominio do idioma inglés. Pouco despois, emprendería a aventura canaria en Puerto del Rosario, Fuerteventura, onde en abril fará xa catro anos que reside, e onde traballa como Director da oficina de Cajacanarias en Corralejo, tras uns inicios nesta entidade financieira como Xestor de Empresas.
 
Despois da voda do seu primo Andrés en xuño do 2008 en Ourense, Carlos fui o segundo membro de "La Vieja Guardia" (La Vieja Escuela, tamén vale) en ser devorado irremisiblemente polo monstruo do amor, contraendo nupcias con Nereida na Igrexa de Nuestra Señora del Carmen de Morro Jable en outubro  do ano pasado, e á que lamentablemente esta redacción non puido asistir como quixera por diversos motivos (entre eles o da cagalera provocada polo accidente de avión de Baraxas en agosto do 2008 e que tiña asemesmo como destino as Illas Canarias).
 
Este domingo Carlos volverá a Fuerteventura, da que destaca lle gusta especialemente o seu ritmo de vida pausado, tranquilo, eso sí, non esconde que a súa gran aspiración a medio plazo sería un acercamento cara a súa terra natal ca creación de novas oficinas de Cajacanarias en Galicia. Pero mentras eso non pase, Carlos levará como recordo algo que, lamentablemente, facía xa moitos anos que non lle acontecía a este grupo de vellos amigos e auténticos fanáticos do Tute Cabrón: unha impresionante timba cabronil, con virutes potentes de por medio, ás tantas da madrugada, ben regada dos seus correspondentes brebajes etílicos de alta graduación e nun restaurante emblemático de Camariñas: o Villa de Oro.

Comentarios   

Pepa32
0 # Pepa32 03/01/2009 15:17
Da gusto veros a todos juntos celebrando vuestra amistad y recordando los buenos tiempos. Que buena pandilla. Donde estan los que faltan?
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 03/01/2009 16:44
Carlos, que teñas un bo viaxe tí e a tua esposa, aljún que sen eu haber si descansades un pouco que non fasedes más que comer,comellóns .
Responder | Denunciar ante o administrador