4.4918032786885 1 1 1 1 1 Rating 4.49 (61 Votes)
Imaxe da Mesa Presidencial da Cena Homenaxe a Xosé Luis Blanco Campaña deste sábado 27 de decembro
Imaxe da Mesa Presidencial da Cena Homenaxe a Xosé Luis Blanco Campaña deste sábado 27 de decembro

O mellor embaixador da Vila de Camariñas

De entre todos os discursos que se deron con motivo da Cena Homenaxe a Xosé Luis Blanco Campaña, foi no do avogado muxián Manuel Martín, tal vez o máis sentido, o máis cargado de emoción, no que se soltou a frase que perdurará na memoria dun xoven xornalista aficcionado: "O mellor embaixador de Camariñas". Precisamente, foi por elo, para homenaxear ao gran xornalista e mellor embaixador posible da historia da Vila dos Encaixes, que se deron cita no Salón de Actos do CNC na noite do sábado 27 de decembro de 2008 máis de 100 camariñáns (e non camariñáns).

Na noite do sábado 27 de decembro de 2008, último do ano, congregáronse no Club Náutico de Camariñas máis de 100 persoas para homenaxear a Xosé Luis Blanco Campaña. Camariñáns e non camariñáns, socios e non socios, xente de dereitas e xente de esquerdas, avogados e mariñeiros, funcionarios e amas de casa, xente con estudios e xente sin eles, xente con cartos e xente con menos cartos, xente guapa e xente fea, altos e baixos, todos reunidos e todos iguales para render a Homenaxe que merecía Xosé Luis Blanco Campaña, e que tal e como advertío un humilde e desinteresado redactor non se centrou na súa labor épica de construcción e edificación do primeiro e máis importante Club Náutico da Costa da Morte, nin siquera na súa faceta de mellor xornalista endexamáis saído desta Franxa Atlántica, senón que os discursos, o ambiente, o recoñecemento e cariño do que fui obxecto Xosé Luis na cena do sábado se centraron na súa faceta de camariñán: na faceta dun home que provindo dunha familia de orixes mui humildes chegou ao máis alto e dende alí de forma desinteresada e por puro patriotismo camariñán levou o nome do seu pobo da alma polo mundo enteiro.

Os asistentes á cena comenzaron a chegar ao bar do Club Náutico pasadas as 21:30, sendo de destacar a abundancia de traxes e corbatas entre os homes dada a importancia da cita, incluso o noso querido amigo Paco de Roque lucía unha paxarita dunha elegancia que acompañada do seu tamén elegante gabán, facían que mesmamente estivese preparado para acudir á Ópera de Viena. A cena, composta de entrantes, ameixas á mariñeira e bacalao e regada con viños de calidade discurrío nun clima de complicidade e amistade, destacando a mesa na que se reuniron os redactores de camarinas.eu ca gran aposta literaria da mesma: o xenial Antonio Puertas. Unha vez rematados os postres, foi cando na mesa presidencial, alá nunha esquina do Salón de Actos do que foi o primeiro Club Náutico da Costa da Morte, comenzaron os discursos, tras outra merecida homenaxe, ésta ao pequeno de estatura, pero grande de corazón Don José de Corme, ao que o CNC máis a súa familia sorprenderon felicitándolle o seu 74 cumpreanos cunha tarta.

Alberto Artaza, o novo Presidente, centrouse en recoñecer a gran labor desenrolada por Xosé Luis, así como o valioso legado que deixa; Juan Esteban Campaña Carril, secretario saínte e a súa irmán Raquel, quixeron deixar constancia do cariño e devoción que o pobo de Camariñas en xeneral lle rinde ao gran xornalista. Como decíamos, moi sentido e caluroso foi o discurso do avogado muxián e Socio de Honor do CNC Manuel Martín, que ademáis de constatar a gran mellora de relacións entre dúas vilas veciñas e irmáns como Camariñas e Muxía, falaba do "mellor embaixador da historia de Camariñas". Posteriormente falou a Teniente de Alcalde do Concello de Camariñas e Concelleira de Cultura e Deportes, Sandra Insua Rial, da que Xosé Luis destacaría que foi a persoa encargada de acabar ca falta de relacións e illamento entre o Concello e o CNC, e polo tanto responsable das inmellorables relacións de colaboración e cooperación actuais entre ambas institucións camariñanas. Tampouco quixo deixar pasar a ocasión de renderlle tributo a Xosé Luis o seu gran amigo Paco de Roque, que emocionado leu o discurso que levaba preparado para tal ocasión. Finalmente, entre as homenaxes cabe rescatar a do gran cantante galego Sito Mariño, posiblemente un dos máis importantes empresarios musicais de Galicia, dono de orquestas como "Los Satélites", "Orquesta Compostela", "Trovadores" ou "Trébol", que recordou os grandes momentos de colaboración musical vividos ao carón do ex-Presidente e Socio fundador do CNC.

E chegou o momento de Xosé Luis. Unha respiración pesada, un tono de voz entrecortado, denotaban a emoción e nerviosismo dun home habituado a presentar grandes eventos e levar homenaxes de grandes personalidades e que agora, sen embargo, era obxecto do recoñecemento do Club Náutico que el tan decisivamente contribuío a fundar. A través de anécdotas e vellos recordos, todo o seu discurso tivo como principio vector o amor por Camariñas, lembrando que, ao igual que se encarga de lembrar nos seus relatos o redactor literario de camarinas.eu Antonio Beldoña, "para un neno dos anos 50, Camariñas era un lugar distinto", tan diferente destes tempos actuais donde a homoxeneidade o impregna todo e un rapaz terá practicamente a misma infancia nun pobo chino que nun australiano. Continuou centrándose no carácter camariñán, tan distinto, tan chocarreiro, así como no orgullo de pertencer a esta milenaria vila. Despois de este emocionado discurso, o seu gran amigo e músico Sito Mariño interpretou unha das antigas cancións compostas por Xose Luis "Cántame un pasodoble galego" e un merengue que interpretados por este experto músico todoterreno, fixeron as delicias do público asistente á cena. Unha cena, en definitiva, na que flotaba polo aire algo distinto e en especial en noites máxicas como a do último sábado do ano do noso Señor 2008 é cando un redactor sinte a maxia especial que irradia o CNC e se mostra especialmente orgulloso de pertencer a un colectivo de persoas, a un proxecto común que o patriotismo camariñán fixo xurdir un día como medio de mellora e de desenrrolo daquelo que nos debe unir a todos: Camariñas.

{multithumbs}

Comentarios   

juanillo
0 # MERESIDO HOMENAJEjuanillo 29/12/2008 15:05
meresido homenaje!!!!!.s iempre levou o nombre de camariñas polo mundo.ENHORABUE NA
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 29/12/2008 17:17
mui juapos to@s mima canta xente si señor jose luis mereseo estades juapos aque me emosionou un pouco miña hirman pilar e raquel mui juapa vale un saludiño felices fiestas sefa e os pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 29/12/2008 20:00
Eu chamaríalle a festa da democracia do noso CLUB NAUTICO,onde brilla con luz propia a figura indiscutible de XOSE LUIS.
Presidentes,directivos,socios presentes, pasados e por vir,realzan a grandeza de CAMARIÑAS,sin excluir a cantos desexen sumarse a esta tarefa, nunca abonda,que sempre terá por norte a este pueblo mariñeiro.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
estudiante
0 # MERECIDO HOMENAXEestudiante 30/12/2008 08:05
Bos días a tod@s:

Hoxe quero plasmar aquí, o que tiña que haber sido o meu pequeño discurso na Cea-Homenaxe a Xosé-Luis Blanco Campaña (pero os nervios traicionáronme)

Estimado Xosé-Luis:

A Xunta Directiva do CNC decidíu otorgarche este Nomeamento de “Presidente de Honor”, xa que o tes mais que merecido, e ademais no Náutico non se che podía conceder outro mais alto, non só pola tua contribución a que hoxe sexa o Náutico mais importante da Costa da Morte, se non a que fostes o Embaixador do noso querido Pobo por tódalas parte do Mundo por onde andiveches.

En tódolos medios de comunicación, tanto na Prensa, na Radio e na Televisión e incluso nos libros que publicastes e nas cancións que compuxestes, Camariñas estaba presente, levastes o Noso Pobo, a túa Camariñas da Alma” alá a onde te atopabas.

Sempres fuches un exemplo a seguir por tódolos Camariñas, xa meu pai (que hoxe teño que disculpalo, que non pudo vir por motivos de enfermidade), che poñía de exemplo na miña casa, pero eu víache moi lonxe, xa Camariñas se coñecía por ti en tódalas partes.

Acabei traballando contigo, cando eras Director da Radio e despois da Televisión de Galicia, sempre respetando o teu cargo (a verdade e que non tiñamos moita confianza) e finalmente fun o Secretario do Náutico e foi aquí, Xosé-Luis, donde nos unío a verdadeira amistade, donde traballamos codo con codo, tódolos días en Camariñas, en Santiago, onde fora, polo teu querido Náutico…

Deséxoche toda a sorte do mundo alá por onde te atopes, nese rumbo que marcartes no teu compás surcando outros mares novos, pero seguro que a tua Camariñas estará contigo.

Moitas Gracias, por ser meu curmán, e sobre todo por ser meu amigo.

Unha aperta
Responder | Denunciar ante o administrador
filomena
0 # filomena 30/12/2008 22:40
vamos a ver, xente que lle quitou o pelexo a jose luis e ahora estan no homenaxe aplaudindo, alucino con esta comedia.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 31/12/2008 19:23
Tranquilo estudiante que sejuro que che vai leer o discurso que non fostes capas de dedicrlle pero aquí quedou escrito pa siempre e esto que acabas de dedicarlle e o mellor que pudestes faser porque él mereseo e sei que levará siempre o seu camariñas no corasón.
Luis deseoche o mellor e tes que faser outra cansión dedicada a camariñas para que quede no recuerdo coma as outras que fixestes.
Responder | Denunciar ante o administrador