3.9487179487179 1 1 1 1 1 Rating 3.95 (78 Votes)
Primeiras palabras de Alberto Artaza aos socios en presencia de catro membros da súa directiva
Primeiras palabras de Alberto Artaza aos socios en presencia de catro membros da súa directiva

Traspaso de poderes no Club Náutico

A espléndida e radiante mañán deste domingo 21 de decembro foi especialmente movida no Club Náutico máis antigo e importante da Costa da Morte. Decimos esto porque nunha caseta ao carón dos pantaláns do Muelle Novo,  sobre as 12:00 horas, Juan Esteban Campaña Carril e José de Corme, membros da directiva saínte, facían oficialmente o traspaso de poderes aos membros da Xunta Directiva entrante alí presentes: Alberto Artaza, Jose Varela, Amparo Vázquez, Manuel Ángel García Insua e Marcos Vázquez Campaña. Despois, sobre ás 13:00 tivo lugar un ágape dunha suculencia e exquisitez como fai moito tempo que non vían os sufridos socios desta gran asociación camariñana. Alí puidemos saber algo máis acerca do novo Presidente do CNC e captamos unha ampla galería fotográfica.

Momentos antes de que o inverno fixera a súa entrada oficial no calendario cristiano no Club Náutico de Camariñas tiña lugar o traspaso de poderes de membros da antiga directiva á nova. Ademáis de poñelos ao día do despacho ordinario dos asuntos e ver o estado de contas e financieiro do CNC, os directivos entrantes recibiron valiosos e importantes consellos dos saíntes Juan Esteban e José de Corme, desta forma facíase oficial o que xa era legal dende o pasado domingo 14 de decembro, ao non ser impugnada a única candidatura presentada á Presidencia do CNC.

Intres despois, pasadas as 13:00 horas tiña lugar un delicioso e abundante ágape do que desfrutaron os socios (e non socios), sendo de destacar que tras longos anos de travesía do deserto a directiva entrante tivese a gran sorte de contar cun bar e restaurante do CNC rexentado de forma profesional e cuidadosa, tras as experiencias surrealistas e nefastas acontecidas non hai moito. Os pinchos foron moi variados, ben cociñados e mellor presentados, o cal foi o mellor colofón as primeiras palabras de Alberto Artaza como Presidente do club náutico máis importante desta Franxa Atlántica.

Unha vez rematado o ágape, ao calor dun café con leite na barra do bar do CNC, camarinas.eu poido departir amigablemente con Alberto e coñecer un pouco máis da súa vida e dos seus proxectos ao frente do Náutico. Este abogado  metade coruñés metade camariñán de 44 anos, casado e pai de dúas fillas, ten raíces na Vila dos Encaixes dende moi antigo: fillo e sobriño de camariñáns, seu avó foi o lexendario médico Don Tomás de Artaza que tan longos anos exercío a profesión médica en Camariñas, incluso a casa da súa tía está datada en 1868. Fiel veraneante da nosa vila mariñeira, a súa casa é a antiga "Aduana" xusto enfrente da antiga rampa do Campo, agora desaparecida co novo Paseo Marítimo. Membro da Xunta Directiva saínte, onde levaba fundamentalmente os temas xurídicos e administrativos, así como as relacións co ente Portos de Galicia, dependente da Xunta de Galicia, foi o máximo responsable da readacción dos presentes Estatutos do CNC.

Preguntado polos obxectivos da Directiva que preside, distingue entre desafíos a curto e a longo prazo. O máis inmediato: conquerir unha maior integración de tódolos socios na xestión do CNC, consolidar o gran legado deixado polo Presidente saínte José Luis Blanco Campaña (obxecto dunha cena de homenaxe multitudinaria á que xa están apuntadas máis de 70 persoas e a que, obviamente, non faltará camarinas.eu, como mostra de agradecemento e respeto ao seu maestro), continuar a liña de colaboración e de excelentes relacións co Concello de Camariñas, tan beneficiosa para ambas partes, e manter tamén unhas boas relacións co resto de Clubs Náuticos da Costa Atlántica. Máis a longo prazo, os seus obxectivos son acercar o CNC ao conxunto do pobo de Camariñas, logrando unha maior integración entre ambos de forma que se superen prexuizos e falsas ideas preconcebidas e o gran desafío que será no seu día o traslado das instalacións do CNC ao interior da Dársena do porto camariñán, debaixo dos acantilados do barrio de Corea. Día que algún que outro directivo espera xa con impaciencia e ansiedade para así ter máis cerca, máis a man, o seu imprescindible e querido Café Bar Arnela.

Por outro lado, quixo remarcar que se sinte especialmente orgulloso de presidir unha Xunta Directiva moi equilibrada, formada por membros de directivas anteriores así como de neófitos na xestión dos asuntos ordinarios do CNC, onde se mezcla xente xoven e veteranos, e formada prácticamente a partes iguais entre homes e mulleres, así que a famosa Lei de Paridade queda cumprida con creces. Unha vez rematada esta primeira toma de contacto do Presidente do máis importante CN da Costa da Morte ca web líder e auténtico monstruo mediático da mesma (aínda que o "Presi" Touriño se lle olvide invitar ao seu querido amigo "El Tío Diekt") nun tono de gran entendemento e confianza mutua, Alberto partía cara Coruña onde esperaba poder chegar a tempo para poder aisitir no Estadio de Riazor ao partido que enfrontaba ao seu amado Deportivo co Recreativo de Huelva. A próxima cita: o vindeiro sábado 27 de decembro na Cena de Homenaxe a José Luis. Alí estaremos.

Comentarios   

Beldoña
+1 # NOVA DIRECTIVABeldoña 21/12/2008 20:26
Sinto de verdá,non poder estar presente para para este importante acto do noso C.N.
Como compoñente da directiva saínte,desexo de todo corazón que esta nova sabia entrante,sirva para realzar einda máis,si cabe,a este Club tan querido e nesesario para noso pueblo.
ENHORABOA,amigos
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
pepewells
+1 # pepewells 22/12/2008 22:27
Le deseo de corazón a esta nueva Junta directiva toda la suerte del mundo para que dirijan con timón firme la nave del CNC y la lleven a buen puerto. La colaboración de todos será necesaria para ello. Valor y al toro.
Responder | Denunciar ante o administrador
Duane Duke
+1 # Duane Duke 24/12/2008 02:26
Eu de vos tería coidado co LIKIDADOR DE OJAIO, o novo Quicksilver...
Responder | Denunciar ante o administrador
o vello
+1 # o vello 24/12/2008 14:53
si eu tamn tería cuidado co likidador.o novo superheroe de camariñas..non hai mas q mirarlle pas jafas pa ver q non anda con coñas. jajaajaja
Responder | Denunciar ante o administrador