4.4444444444444 1 1 1 1 1 Rating 4.44 (36 Votes)

Inauguración da Aula de Informática de Camariñas

Óscar recibindo o diploma acreditativo do premio concedido pola Rede de Dinamización
Óscar recibindo o diploma acreditativo do premio concedido pola Rede de Dinamización

Este venres 19 de decembro de 2008 (ano lamentable que pasará afortunadamente a mellor vida en pouco tempo) inaugurouse de forma oficial a Aula de Informática que a Rede de Dinamización da Sociedade da Información aínda que leva en activo varios meses e na que está ao frente o noso amigo Óscar Fernández Clapés (álias Pirsin). Pulsa na foto para ler a noticia completa, ver unha ampla galería de fotos e un video.

Inauguración da Aula de Informática de Camariñas

Pois si queridos amigos de camarinas.eu, este venres foi inaugurada a Aula de Informática de Camariñas pola representante da Consellería de Industria Elena Veiguela acompañada do Concelleiro xaviñán Sergio Caamaño e pola Alcaldesa en funcións, a veciña da Ponte do Porto Sandra Insua (o alcalde Pichurri, tamén veciño da Ponte do POrto e residente no Concello de Vimianzo está ingresado nun hospital que está de lado de outro hospital debido a unha operación que se lle practicou  debido a unha terrible e sanguinaria afección caderil). En fin, o caso é que a Aula de Camariñas foi galardonada cun premio pola súa iniciativa "Outros Fíos na Rede" que organizou e coordinou Óscar Fernández Clapés e que trataba de enseñar aos nosos maiores a  crear un blog. O certo é que foi moi acertada a iniciativa do noso amigo Óscar, unha iniciativa que, como a de camarinas.eu axudan a que este pobo remoto, deixado da man de Dios e no cu do mundo poida ser un auténtico motor no desenrolo da sociedade da información na Costa da Morte.

 Blogs realizados pola iniciativa "Outros fíos na rede"

Comentarios   

hombre lobo
0 # SEGURAMENTE....hombre lobo 20/12/2008 20:24
....BEN MERECIDO O PREMIO A CLAPES OU O QUE E O MESMO O AMIGO OSCAR,TODO O MUNDO E A FALAR BEN DIL..(ECHE BO RAPAS..)MENOS MAL QUE DE VEZ EN CANDO VEN ALJO APROBEITABLE PA CAMARIÑAS.FELIC IDADES OSCAR.CHAUUUUUU UUU.
Responder | Denunciar ante o administrador
jesus
0 # felicidadesjesus 21/12/2008 12:09
felicidades oscar mereselo ese e muitos mais eu chamolle oscar o informatico pa diferenciar sije asi chabal
Responder | Denunciar ante o administrador
Langhran
0 # graciasLanghran 22/12/2008 12:49
Sí señorrrrr , que tremendo despliegue(e a esas baixas horas da mañán tan duras para o colectivo profesional da fototojrafía camariñana..jsj sjsjsjs), chapó Diejo, tou flipando, en serio .. 1000 graciñas artista e quito o sombreiro .
Graciñas tamén para susiño e o lobishome x comentaren .

Para quen lle interese copio a url dos blogs feitos na iniciativa :
* http://clarapalilleira.blogspot.com/
* http://chuchapicadora.blogspot.com/
* http://loladematilde.blogspot.com/
* http://carmensuper.blogspot.com/
* http://lucreciakecha.blogspot.com/
* http://pepedacabreira.blogspot.com/
* http://mariademelania.blogspot.com/

Un saúdo e chauuUUUUuuuuuu
Responder | Denunciar ante o administrador