4.0877192982456 1 1 1 1 1 Rating 4.09 (57 Votes)

Xantar de Nadal do Persoal Municipal

Foto de familia do Persoal Municipal que acudío ó xantar de nadal en Aldea Madeira este mércores 16
Foto de familia do Persoal Municipal que acudío ó xantar de nadal en Aldea Madeira este mércores 16

Este mércores 16 de decembro e ante a proximidade das datas navideñas tivo lugar no Complexo Turístico de Aldea Madeira en Brañas Verdes a comida do persoal municipal do Concello de Camariñas. Á dito xantar acudiron uns 30 comensales entre esforzados funcionarios, persoal laboral e os omnipresentes políticos, todos os cales tiveron que aboar 15 eurazos que irán destinados á Xunta Local de Loita contra o Cáncer. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa e descubrir á artista do cóctel que alberga a actual Escola Obradoiro.

Xantar de Nadal do Persoal Municipal

Contaba o dandy do xornalismo norteamericano Tom Wolfe (Radical Chic and Mau-Mauing the Flak Catchers, 1970):

"Mmmmmmmmmmmmmmmm. Deliciosos. Bocaditos de queso Roquefort rebozados con nuez molida. Muy sabroso. Muy ingenioso. El contraste entre la sequedad de la nuez molida y el sabor del queso es lo que produce este efecto tan delicioso, tan sutil."

Nun satírico e demoledor artigo xornalístico escrito polo gran Tom  Wolfe ("un demócrata a lo Jefferson") no que aniquilaba profesional e socialmente ao célebre compositor e director de orquesta norteamericano Leonard Bernstein, ao contar como  este cortexaba no seu xigantesco dúplex de Park Avenue, en pleno Manhattan, no medio dunha gran festa chic, aos radicales terroristas dos Panteras Negras, delicatessen e servicio doméstico sudamericano de por medio, falaba dun aperitivo exquisito elaborado a base de queixo fresco e noces, cas que compensar ca súa sequedade a frescura do queixo. Un artigo que tan lamentables consecuencias traería para o gran compositor de orixe xudea cando na súa seguinte xira de concertos polos USA o público pagaríalle con abucheos e insultos a súa complicidade con estes terroristas urbanos de raza negra.

No día do 16 de decembro de 2008, trinta e oito anos despois, a redacción de camarinas.eu atopou en Aldea Madeira unha delicatessen elaborada polos alumnos que alí traballan estranamente parecida á descrita no ensaio de 1970 do gran dandy blanco da literatura norteamericana e no que de forma tan brutal saldou contas cos así chamados en USA "liberales"  (o que equivaldría a un "progre" en España). Pero toda esta analoxía surxío despois de que a caravana municipal chegara á Aldea Madeira pasadas as dúas da tarde no medio dun frío intenso que o ceo encapotado e o vento norte acentuaban de forma aguda. Unha vez alí as dotes de anfitrión do director da Escuela Obradoiro Alberto Fuentes facían que todos os invitados se sentiran como na súa propia casa. A primeira cita: unha degustación dos tres cócteles de producción propia que saíron vencedores do 1º concurso Aldea Madeira. Estamos falando de "Brisa Mariña" elaborado por Marina Lista Campaña (3º premio); "Pombiña" da filla da nosa querida amiga Paloma, Patricia González Campaña (2º premio); e "Branco Suave", elaborado por Mª José Pensado Pasantes (1º premio), unha auténtica explosión de sabores para o paladar, que facía parecer que o mesmísimo ceo entrara pola boca dun redactor que tras apurar ata o último grolo de semellante delicia elaborada a base de Licor 43, chocolate blanco, Carolans e chocalate rallado por encima, chegou a duras penas (cáseque a tombos, queremos decir) ata un comedor no que tería lugar o abundante xantar, sabendo de antemán que o mellor xa tivera lugar, dado o insuperable do proxecto coctelero ideado no maxín de Mª José. Haberá que pensar en fichar a esta rapaza como redactora coctelera de camarinas.eu (con sección propia).

Despois tivo lugar a comida á que acudiron cinco funcionarios (Moncho, Dolores, Mónica, Víctor, Marcos), os laborales (Luisa, Dolores da Mostra, Nel, Berta, Raquel), o persoal de Aldea Madeira e os concelleiros do Grupo de Goberno Municipal Sandra Insua, Javier Cabrejo, Mari Carmen Linares e Sergio Caamaño, e os do Grupo da Oposición Daniel Rego e a camellana María Dolores. Unha comida na que co telón de fondo dunha música de violín e contrabaixo que parecía converter as escarpadas aristas dos montes que circundan Aldea Madeira nun dos palacios imperiales de Viena, foron sucedéndose nun clima de gran complicidade e entendemento entre os integrantes dos anteriores colectivos os seguintes platos:

1º Prato: Fabas con Ameixas
2º Prato: Tenreira Galega con guarnición ao modo da aldea
Postre: Vasiño Aldea Madeira, os consabidos chopitos e cafés/infusións con doces secos.

Todo elo en forma abundante e suculenta, non en vano o esforzado persoal municipal tivera que abonar (voluntariamente) 15 eurazos, vitais nestes tempos de crisis, que se dan por ben empregados se van a parar a calquera dos laboratorios da loita contra o cáncer. Sen embargo as expertas cociñeiras da Escuela Taller agochaban alí entre o calor dos fogóns da cociña o auténtico tesouro: uns centolos de impresión, xigantes arácnidos mariños, que acompañados doutros mariscos serán obxecto da merecida homenaxe que se darán a si mesmos tódolos integrantes (profesores e alumnos) da actual Aldea Madeira na cena-mariscada deste venres 19 e da que se non acontece outro dos clásicos e omnipresentes destartalamientos da web líder da Costa da Morte, a web dos 2.000.000, teredes cumprida información. Pero despois de tal banquete un xa non estaba para moitas máis enchentas e só quedaba regresar ao calor do fogar a través dunha otoñal Xaviña invadida pola fragancia que as inmemoriais lareiras de leña esparcían no ambiente gris da tarde.

 

Engadir un comentario