- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 15 Decembro 2008 15 Decembro 2008
Programa das actividades do Concello no Nadal

Un dos Reis Magos, cun chófer sacado mesmamente de calqueira das aldeas de Palestina, o ano pasado
O Concello de Camariñas fainos chegar unha nota de prensa co programa das actividades que se desenvolverán este Nadal do 2008 e que se caracteriza por unha serie de servicios que se poñerán en funcionamiento por primeira vez como o viaxe ao Coliseum da Coruña o día 22 de decembro para que os nosos rapaces desfruten do patinaxe sobre o xeo, a actividade "Ven xogar con Rudolf" (que esperemos non teña nada que ver co coñecido e problemático ex-aviador alemán Rudolf Hess) ou a chegada ás distintas parroquias do Concello do así chamado "Carteiro Real" o 2 de xaneiro, entendemos que para anunciar a visita dos católicos Reis Magos cunha cabalgata por todo o alto na tarde-noite do día 5 como xa é clásico por estes lares. En fin, mucho de todo, pulsa na imaxe para ler a nota de prensa ó completo e ver unha galería da Cabalgata de Reis do ano pasado.
Programa das actividades do Concello no Nadal
Este ano no Concello de Camariñas durante o Nadal nas datas do 22, 23, 29 de decembro e 2, 5 de xaneiro organizaranse distintos tipos de actividades. Estas realizaranse nas grandes parroquias do Concello, Camariñas, Ponte do Porto e Camelle.
Este ano como novedad faremos unha saída A Coruña para que os rapaces-zas podan desfrutar dunha mañá de Patinaxe na pista de xeo do Coliseum de A Coruña. Esta actividade desenvolverase o luns día 22 de decembro, para máis información chamar á Biblioteca Munipal de Camariñas 981-737234.
As actividades a desenvolver nas parroquias serán as seguintes:
Ponte do Porto día 22 de decembro:
VEN A XOGAR CON RUDOLF(nen@s nados entre 2001 e 2005 ambos incluidos) de 10´30 a 13 h no Pavillón Municipal de Ponte do Porto os nen@s de Xaviña terán á súa disposición un bus que os acercará a Ponte do Porto. Con esta actividade buscamos que os rapces-zas pasen unha mañán participando en obradoiros de manualidades, disfraces e maquillaxes.
XOGA COS AMIG@S (nen@s nados entre 2000 e 1997 ambos incluidos) de 15h-18h no Pavillón Municipal de Ponte do Porto os nen@s de Xaviña terán á súa disposición un bus que os acercará a Ponte do Porto. Con esta actividade buscamos que os rapces-zas pasen unha mañán participando en obradoiros de manualidades, disfraces e maquillaxes.
Camariñas día 23 de decembro:
VEN A XOGAR CON RUDOLF( (nen@s nados entre 2001 e 2005 ambos incluidos) de 10´30 a 13 h na Casa de Pedra en Camariñas. Con esta actividade buscamos que os rapaces-zas pasen unha mañán participando en obradoiros de manualidades, disfraces e maquillaxes.
XOGA COS AMIG@S (nen@s nados entre 2000 e 1997 ambos incluidos) de 15h-18h na Casa de Pedra en Camariñas. Con esta actividade buscamos que os rapaces-zas pasen unha mañán participando en obradoiros de manualidades, disfraces e maquillaxes.
Camelle día 29 de decembro:
VEN A XOGAR CON RUDOLF( (nen@s nados entre 2001 e 2005 ambos incluidos) de 10´30 a 13 h na Casa do Alemán. Con esta actividade buscamos que os rapces-zas pasen unha mañán participando en obradoiros de manualidades, disfraces e maquillaxes.
XOGA COS AMIG@S (nen@s nados entre 2000 e 1997 ambos incluidos) de 15h-18h na casa do Alemán. Con esta actividade buscamos que os rapces-zas pasen unha mañán participando en obradoiros de mahulaidades, disfraces e maquillaxes.
TORBELLINO DE EMOCIÓNS 23 de decembro (Moz@s nad@s dende 1993 a 1996 ambos incluidos) de 18:30 a 20:30 na Casa de Pedra de Camariñas.Haberá un autobús que recollerá a tod@s @s participantes das parroquias do Concello.
Con esta actividad buscamos que os moz@s do Concello de Camariñas teñan cabida nas actividades do Nadal .
CHEGADA DO CARTEIRO REAL ÁS PARROQUIAS 2 de XANEIRO
O 2 de xaneiro o Carteiro Real recorerá as distintas parroquias do Concello para recoller as cartas dos nen@s. , a Ruta do Carteiro Real e a seguinte:
10:30 – 11:30 Arou no Centro Sociocultural “A Estivada”
12:00 – 13:30 Camelle na “Casa do Alemán”
15:30 – 17:30 Camariñas no “Salon de Actos” do Concello
17:45 – 18:45 Xaviña na “casa da Sociedade”
19:00 – 20:30 Ponte do porto no Centro Cultural
GRAN CABALGATA 5 XANEIRO
Este día As súas Maxestades de oriente recorerán o Concello de Camariñas.
Mandaráse maís información sobre o recorrido horario e de mais da Cabalgata.

















