- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 12 Decembro 2008 12 Decembro 2008
O Gran Comodoro Mark

Contan as crónicas que en 1854 o Comodoro Matthew Perry ao mando dunha flota norteamericana desembarcou nas costas do Xapón para obrigar ao xigante asiático a firmar un tratado que abría dito país ao comercio con Occidente. Porque este cargo que non é un cachondeo e que ten como equivalente na gloriosa Marina Española o de Contraalmirante, posúe según o diccionario tres acepcións distintas: procedente do francés commandeur ("comandante"), un Comodoro pode ser ben un mando da Armada de Guerra, ben un cargo da Marina Mercante ou ben un directivo de Club Náutico. E sen dúbida os tres significados son plenamente aplicables ao que está designado como Comodoro (a non ser que alguén evite a catástrofe) na única candidatura presentada este 11 de decembro para a Directiva do Club Náutico de Camariñas. Por elo ante unha noticia de semellante envergadura, Camarinas.eu procede a desvelar a identidade dos membros da candidatura que con toda probabilidade rexirá o CNC os vindeiros catro anos (ademáis de reproducir unha galería de Comodoros ilustres que enaltaceron a gloriosa tradición naval).
Pois si, queridos usuarios, estaba esta redacción observando aos integrantes da única candidatura presentada para a dirección do Club Náutico de Camariñas, sen dúbidas o máis importante desta Costa da Morte nosa que chega nin máis nin menos que ata Santa Comba (con todos os nosos respetos para Santa Comba), cando quedou estupefacta ao ver o socio designado como Comodoro: Marcos Vázquez Campaña, redactor cultural (eso alomenos é o que di a leyenda urbana) de camarinas.eu. Incluso contan as crónicas que cando preso dunha ledicia incontenible se enterou da súa designación como membro da nova candidatura correu a inmortalizarse nun retrato "al óleo", que é o que vos amosavos na portada.
A candidatura está integrada por Alberto Artaza como Presidente; Santiago Fernández Fuentes como Vicepresidente; Miguel Angel García Insua como Secretario; o noso amigo José Manuel Varela como Tesorero; Vocales: Mariluz Campaña Blanco, Lola da Jalleja, Roberto Sambade, Amparo Vázquez e Antonio Vigo Rego (Tono da Villa de Oro); e como Comodoro (¡¡Ay, o Comodoro!!) Marcos Vázquez Campaña. Tres candidatos dunha mesma familia, a dos Campaña Blanco, que retoma a súa gloriosa tradición naval, alomenos no aspecto náutico-deportivo. Sen embargo, si ninguén o evita un tipejo tan perigoso e sospechoso como o redactor cultural de camarinas.eu accederá a un cargo da importancia e responsabilidade máxima do de Comodoro, equivalente como decíamos ao de Contraalmirante: ¿embarcará este socio do CNC, do que son ben coñecidos os seus delirios totalitarios, a semellanza do seu admirado Matthew Perry a flota do Náutico nunha nova invasión do Xapón? Unha flota, por outra parte, que espera fondeada nas augas do Pacífico a orde directa do Comodoro para desencadenar o holocausto sobre o país asiático. ¿Debe empezar a poñerse a temblar o Emperador nipón ante este nombramiento, claramente descabellado? Dende aquí non o descartamos e pregamos ás autoridades competentes que eviten a traxedia que suporía que unha persoaxe cunhas cualidades morais tan degradadas e nefastas desempeñase un cargo tan decisivo, capaz de declararlle unha guerra a todo un Xapón. Fecha Límite: domingo 14, 20:00 horas. Por favor, fagan algo.
Comentarios
saludos
SAUDOS
parabnes logo Marcos, o novo comodoro (eso é moito ou pouco...quero dicir...¿vanche caer por todos laos, ou aínda podes ir escaqueando?...)
...E lojo xa non eres xeneral?...pois tes razón, xeneral no exército de terra, Comodoro na Marina, e...xa sabes o que queda jaja.
Noraboa Marcos!
Antonio
SALU2.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.