4.5555555555556 1 1 1 1 1 Rating 4.56 (45 Votes)

El Hombre Pollo también ataca de nuevo

El Hombre Pollo, o superheroe camariñán que reparte ledicia e felicidade alá por onde pasa
El Hombre Pollo, o superheroe camariñán que reparte ledicia e felicidade alá por onde pasa

Sabíamos dos seus superpoderes extrasensoriais e magnéticos cos xubilados, pero con asombro asistimos este venres 28 de novembro a unha nova demostración de "El Hombre Pollo", o novo superheroe camariñán extraído directamente das viñetas de cómic ideadas pola sección de animación sociocultural da actual Escola Obradoiro Aldea Madeira. A treintena de membros de ASPADEX que visitaron o centro turístico de Brañas Verdes caeron rendidos ante os poderes hipnóticos desta maravilla da natureza, metade home, metade pollo e do que se espera que en próximas datas dea o salto ó cine. Xa dixemos que daría que falar.

ASPADEX de festa en Aldea Madeira

Camarinas.eu non podía faltar a esta nova iniciativa da Escola Taller en coordinación cos Servizos Sociais do Concello de Camariñas de levar aos rapaces da Asociación de Pais de Disminuidos Psiquicos da Comarca do Xallas (ASPADEX) a pasar unha xornada enteira no centro turístico Aldea Madeira situada en Brañas Verdes. 

A xornada comezou sobre as dez da mañá cando os tres minibuses de ASPADEX chegaron a Aldea Madeira onde esperaban ansiosos os alumnos e profesores da Escola Obradoiro de Camariñas. Ao baixar foron recibidos polos propios alumnos e pola Concelleira de Servizos Sociais Mari Carmen Linares. Despois encamiñáronse hacia as instalacións deste centro onde despois dun abundante almorzo con café, chocolate, pasteles e zumos preparados polos estudiantes da escola comezaron as actividades programadas. Os rapaces da Escola Obradoiro fixeron este día de profesores e enseñaron aos seus invitados todo o que están a aprender nas súas respectivas aulas. Os camareros enseñaron a facer cocteles sin alcol, os cociñeiros preparaban coa axuda dos rapaces de ASPADEX a comida e os de Animación tiveron un curso acelerado de artesanía por parte dos membros da asociación. Ao mesmo tempo, os encargados da xardinería de ASPADEX mostraron a súa sabiduría plantando diversos productos da horta na parcela preparada para tal efecto. As dúas e media da tarde chegaba a hora de comer e puidemos saborear os exquisitos manxares que nos tiñan preparados os cociñeiros: enpanada de bonito, croquetas caseiras, carne estofada con guarnición e o típico e exquisito postre "Aldea Madeira". Si os cociñeiros levan un 10 pola comida os camareros levan outro 10 pola súa profesionalidade e atención servindo estes manxares. Xa rematada a comida comenzaron os bailes e xogos que os alumnos de animación prepararon para facer pasar un ratiño máis agradable si cabe aos seus invitados, pero foi cando chegou o noso superhéroe máis poderoso "El Hombre Pollo" cando todos os invitados saltaron á pista para comenzar a vibrar coma nunca o fixeron. En fin, da gusto ver como estes rapaces camariñáns se van convertendo paso a paso nuns verdadeiros profesionais do sector hostelero levados sabiamente polos seus profesores. Gran iniciativa da Escola Taller que os rapaces de ASPADEX nunca poderán olvidar. NORABÓA!!

{multithumbs}

Comentarios   

currodetras
0 # currodetras 01/12/2008 09:50
estas xornadas de convivensia deberian efectuarse mais a menudo,xa que muitos nenos e incluso nos,os pais,non sabemos o que eles nos poden aportar aparte do seu cariño...esta asosiasion merese todo o apoio posible,todo canto se faga por eles é pouco,xa que eles dan todo canto poden e mas...
enhoraboa por estas inisiativas
un saludo
Responder | Denunciar ante o administrador
seran7989
0 # seran7989 01/12/2008 18:24
Que bonito,vese polas suas caras,o ben que o pasaron,ojala que hubese muitas asosiasions como esta,donde ademas de aprender cousas conviben con rapases de distintos pueblos durante unhas horas.Mui ben
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 01/12/2008 21:34
xa se lles refleja nas caras o contentos que están e como se divirten con todo o cariño que lles están dando, bravo por todos os que están ahí.
Responder | Denunciar ante o administrador