4.3225806451613 1 1 1 1 1 Rating 4.32 (62 Votes)

Festa familiar en Pescaduira (Xaviña)

Unha habitación chea literalmente de regalos foi o lugar escollido para a foto de portada do cumpreanos
Unha habitación chea literalmente de regalos foi o lugar escollido para a foto de portada do cumpreanos

Na tarde deste chuvioso sábado 22 de novembro de 2008 a unidade móbil informativa de camarinas.eu recalou no lugar de Pescaduira (parroquia de Xaviña), onde os nosos queridos usuarios Jorge e Berta celebraban o primeiro cumpreanos dos seus preciosos mellizos Erica e Jorge cunha festa impresionante á que asistiron un gran número de invitados entre os que se atopaban o ex-alcalde Bautista Santos ou a actual Tenente de Alcalde Sandra Insua Rial. Pulsa na foto para ler a reportaxe completa cunha galería fotográfica de máis de 40 fotos.

Festa familiar en Pescaduira (Xaviña)

En verdade temos que dicir que o cumpreanos tivo lugar o mércores 18 de novembro, pero para poder facer a festa o máis concurrida posible os pais, con bo criterio, decidiron trasladar a festividade a este sábado. Así, a partir das cinco da tarde na casa familiar dos pais de Berta na carretera que vai dende Xaviña a Brañas Verdes empezaron a deixarse caer os invitados, os cales en gran número eran caras coñecidas ben do socialismo camariñán ou ben de traballadores do concello. Entre os invitados puidemos ver a Bautista Santos Ramos, ex-alcalde do Concello de Camariñas; Sandra Insua Rial, actual Tenente de Alcalde; Marcos Vázquez Campaña, Interventor do Concello (que non se sabe moi ben se estaba alí en calidade de invitado, de redactor ou de ambas cousas á vez...); os nosos queridos amigos Señor Manolo (máis coñecido como Sujas) e a súa dona Ruja;  Manolo de Brañas Verdes e señora; os padriños dos rapaces (fillos do finado Berito), etc..

Os invitados foron tantos que unha das habitacións do piso superior enchíose de regalos deixando boquiabertos aos sorprendidos redactores e quen sabe si deixando nos mesmos un sentimento de envexa retrospectiva por uns cumpreanos na infancia alá nos ochenta, en pleno Felipismo, nos que non solía haber tantos e tan fermosos regalos así como mesas repletas das máis variadas viandas e pasteles que se sucedían unha tras outra, nin globos que non deixaban andar polo pasillo nin incluso un paiaso contratado ao efecto que facía rir cas súas gracias a tódolos cativiños que alí se congregaron para acompañar aos mellizos na festa que celebraba o seu primeiro cumpreanos. Fóra a tarde era chuviosa, con forte vento, inhóspita, pero dentro daquela humilde casa do lugar de Pescaduira respirábase un calor moi especial, o calor que irradiaban uns pais ledos e felices de ver a tantos e tan bos amigos festexando ao seu carón o primer cumpreanos dos seus cativiños da alma: Erica e Jorge. Felicidades.

Noticias relacionadas

{multithumbs}


Comentarios   

eloy
0 # FELICIDADESeloy 23/11/2008 14:43
Siempre da gusto ver como los niños van creciendo con salud.Enhorabue na a los padres
Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 23/11/2008 16:28
Por fin conosin a Erica e Jorge, bonitos nen@s , Erica paresese a berta e jorge o pai, pero creo que Erica e mas traviesa que jorge, por que será?Bueno deseovos o mellor con estes nenos e que seades muy felises xunto a eles, enhoraboa.
Denunciar ante o administrador
masquechorradas
0 # pobres nenosmasquechorradas 01/01/2009 13:32
39 fotos meus pobres teñen bo aguante oh.
A proxima vez a ver si lle buscan unha roupa mais moderniña. Todo moi bonitiño.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.