Hoxe pola mañá clausurouse o obradoiro deportivo de verán 2007 no que asistiron todos os rapaces participantes nestas actividades. O obradoiro realizouse durante os meses de xulio e agosto e contou coa entusiasta adhesión dos rapaces camariñáns o que fixo que, en palabras dos monitores, traballar con estes raparigos fose unha auténtica gozada, quen sabe o que deparará a vida pero o material que temos nas mans non pode ser mellor.

Despois de dous meses de entretemento, compañeirismo e diversas actividades socio-culturales (senderismo, recolección de caramiña, xogos na praia, xogos populares...) os nenos e monitores desfrutaron en compañía de un aperitivo nun establecemeto hosteleiro de Camariñas.

Esta despedida non é definitiva, a comezos de Outubro comezarán outra vez as actividades extraescolares co que estes rapaces voltarán a verse xuntos de novo. Portádevos ben ata entón.

Os nenos desfrutando dun aperitivo

Comentarios   

Mikel
+1 # RE: Clausura do obradoiro deportivo de veranMikel 01/09/2007 13:17
Os rapaces quedaron moi contentos co trato dado polo seu maestro luis,pola parte que me corresponde,gra cias chaval por ser tan paciente e comprensivo cos nosos peques,pois eles son o futuro
Responder | Denunciar ante o administrador