- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 16 Novembro 2008 16 Novembro 2008
Un fin de semana con Manuel

Marcos, Manuel e Diego momentos antes da Cena Invitación aos socios deste sábado no Club Náutico
camarinas.eu, tan irónica e sarcástica, tan canalla e tan políticamente incorrecta, o que fai que nalgunhas ocasions a algúns dos nosos usuarios máis sensibles e ben pensantes se lles quiebren os seus fráxiles e delicados nervios, como contrapartida ten para aquelas personas que valen, dunha peza, en definitiva aquelas persoas ás que quere de verdade, un corazón de ouro. Por iso este fin de semana decidío pasalo cunha persoa destas características: Manuel Alonso Freire, o mellor irmán e o mellor amigo que poideron atopar estes dous destartalados redactores ao longo das súas despilfarradas vidas. Por eso lle adican esta reportaxe fotográfica e escrita esperando que sexa do seu agrado.
Un fin de semana con Manuel
O fin de semana adicado a Manuel iniciábase este sábado 15 de novembro (día no que se cumplía o ano e tres meses de camarinas.eu) ca cena a base de pinchos de churrasco ca que a nova xerencia do bar e restaurante do Club Náutico de Camariñas agasallou a tódolos socios. Alí presentáronse os dous redactores de camarinas.eu acompañados de Manuel cara ás nove da noite e deron boa conta dun sabrosísimo churrasco de terneira e de porco. É de notar que tras sucesivos e estrepitosos fracasos na xestión do bar parece que a nova xerencia que ten ao seu cargo a nosa querida amiga Victoria por fin fai que o CNC teña un bar á altura da categoría dunha das asociacións máis importantes de Galicia.
No comedor do CNC a redacción de camarinas.eu pudo departir amigablemente coa parroquia habitual do mesmo, a cal fixo que nos sentíramos como na casa, asimesmo aproveitou para pulir os últimos flecos do contrato que ligará ao noso talentoso e apreciado usuario Antonio (Beldoña) con camarinas.eu, contando, se as cousas saen como está previsto, cunha sección propia de poesía e prosa na web máis vista de toda a Costa da Morte. O mellor escaparate que o talento poético e narrativo deste gran camariñán podían ter.
A seguinte parada obviamente tiña que ser no Café Bar Arnela, dado que Manuel coñecía do interese e preocupación que a nosa adorada Gelinita sempre tivo pola súa rehabilitación. Alí entre amigos, Marisa, Mª Pilar, Juan de Penedo e o usuario máis xoven de camarinas.eu Javi Pérez, que ven de crear un espectacular blog propio (Javi - Camariñas), asistiron interesados ás explicacións, anécdotas e, como non, vellos e antigos recordos de Manuel. Ás doce da noite Manuel marchou para casa quedando pendente para a tarde do día seguinte, domingo, unha nova e pequena excursión. Á mesma tamén acudiron Mª Carmen (nai de Manuel) e Ignacio, o seu inquieto e vivaracho sobriño o cal so pode ser parado en seco mediante terribles alusións ao seu pánico insuperable a médicos de Coruña provistos con inxeccións goteantes nas súas mans. A primeira parada foi no novo e remozado Estadio Municipal de fútbol "Hermanas Patiño", alí Manuel reencontrouse con vellos amigos do mundo do fútbol camariñan todos os cales non quixeron perder a oportunidade de retratarse cun renacido Manuel, o cal, a pasos axigantados ofrece cada vez mellor aspecto. En definitiva, o vello Manuel de siempre.
Unha vez abandonado un campo de fútbol no que o F.C. Camariñas ía gañando por fin en casa por 2 - 0 ao Baio encamiñámonos cara o museo do Faro Vilán o cal Manuel nunca vira. Pero o tempo era ouro e Mª Carmen constantemente recordaba que as 6 había que partir para Coruña porque as sete e media estaban sinaladas como o toque de retreta para que os internos reingresaran no centro. Así, Manuel poderá acudir tres días á semana a Camariñas, de venres a domingo, estando previsto en pouco tempo que se lle aumenten a catro días os semanais a pasar na casa e tres no centro. Un Manuel que comenta que se atopa a gusto e contento nos dous sitios, si ben o fogar sempre e o fogar. Un fogar no que poderá atopar todo o apoio e axuda desta redacción e da meirande parte dos seus usuarios de ben para que esta rehabilitación chegue a bo porto. Ánimo e forza Manuel.
Comentarios
aora lojo consiges unha mosiña
Saludiños
Lucia
SIJE ASÍ E CUÍDATE MUITO QUE TI ERES MOI BO RAPAS,SIEMPRE O FOSTES.VEÑA UN SALUDIÑO.
Sigue por este camiño que alcanzarás a victoria sin duda!Noraboa
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.