4.7777777777778 1 1 1 1 1 Rating 4.78 (90 Votes)

A Escuela Taller foise de excursión

A nosa redactora María Belén levou a cabo un traballo excepcional para brindarvos esta gran reportaxe
A nosa redactora María Belén levou a cabo un traballo excepcional para brindarvos esta gran reportaxe

Si por algo se distingue a presente edición da Escola Obradoiro que se está a desenvolver dende outubro de 2007 no Concello de Camariñas é por unha serie de iniciativas pioneiras postas en marcha pola dirección da mesma e que buscan incrementar notablemente o espíritu de grupo, o compañerismo e a solidariedade de todos, persoal e alumnos,  que conforman a nosa Escuela Taller acadando resultados espectaculares. Este xoves 16 de outubro embarcáronse nunha orixinal viaxe a unha Granxa Escuela situada na Provincia de Pontevedra nunha paraxe de excepcional beleza. Pulsa na imaxe para ver unha impresionante reportaxe escrita e fotográfica da redactora de camarinas.eu María Belén Carril Ageitos.

A Escola Taller visita a Granxa Escuela "EL kIrIkO"

Vonvos a contar a través deste relato a crónica dunha viaxe que comenzou ás oito da mañán dun chuvioso xoves 16 de outubro cando quedamos diante do Edificio de Servicios Múltiples (ao lado da Clínica) casi a totalidade dos alumnos da Escuela Taller "Aldea Madeira" así como o noso querido e esforzado profesorado para embarcarnos nun viaxe precioso: a visita a unha Granxa Escuela, na cal pasaríamos un día no medio dun entorno de gran beleza natural. Unha vez reunidos todos, saímos en autobús con destino á nosa primeira parada do día: Santiago de Compostela, capital de Galicia. Ó chegar fomos á Universidad, unha das máis prestixiosas e antigas de Europa, para mirar o Museo de Historia Hatural "Luis Iglesias". Alí un guía explicounos todo sobre os máis diversos animais disecados, momias e esqueletos que posúe este museo. Pouco a pouco fomos mirando todo: había animales, mariscos, etc. e no mismo museo noutra habitación tiñan plantas e pedras preciosas como o diamante. Finalmente, cando xa acabáramos de mirar todo, fomos dar unha volta polo xardíns do campus universitario, onde continuou a explicación dalgunha das máis raras especies arbóreas que alí existían.

Rematado este periplo universitario (¿quen sabe se algunha de nos volverá pero reconvertida en estudiante universitaria?), a seguinte escala do noso viaxe era o Convento San Francisco, transformado en Hotel Monumento San Francisco, nin máis nin menos que con catro estrelas. É o hotel onde se instalan os nosos Reis de España cando visitan Santiago. Alí novamente un guía enseñounos todo: a cociña, os comedores, e incluso unha habitación. Bufff, o hotel era impresionante eh...

Ó acabar de ver todo déronnos dúas horas libres para poder ir comer e pasear. Ás 4 da tarde quedamos todos na porta do hotel citado e fomos para a parada dos buses a coller o autobús que nos levaría ó noso destino final: a Granxa Escuela "El Kiriko". Trátase dunha granxa situada en Soutosico, Fornelos de Montes na Provincia de Pontevedra, e que busca fomentar o contacto ca natureza, o respeto aos animais e a convivencia cos mesmos mediante actividades orientadas por profesionais. Polo menos así foi como nolo explicaron e eu como redactora especial de camarinas.eu encargada pola redacción cun cometido de tal responsabilidade co meu bloc de notas fun tomando apuntes de todo canto me decían. Así podo contarvos que a finca onde se aloxa a granxa mide 10 hectáreas e está moi ben comunicada cos principais núcleos de poboación da Provincia de Pontevedra, o edificio principal mide 1.850 metros cuadrados e pode albergar ata 150 persoas en réxime de visita diaria ou 110 en réxime de pensión completa.

Ó chegar ó Kiriko, o primeiro de todo foi enseñarnos as nosas habitacións para que pudéramos deixar as cousas, despois fixemos un percorrido polo recinto: a cociña na cal xa nos tocou a Mayte máis a min facer a cena ca axuda do profe e de dúas cociñeiras que traballaban alí, e tamén nos enseñaron todo o exterior: había piscina, parque, campo de fútbol para xogar... todo precioso. Pero máis bonito aínda foi cando dous monitores enseñáronnos os animaliños que alí tiñan, pero malamente o puidemos ver porque xa era noite. Despois fomos cenar todos xuntos e ó terminar o grupo de animación da escola xunto cos dous monitores da Escola Granxa El Kiriko fixéronnos uns xogos no cal o pasamos genial todos xuntos. Tras este espectáculo, fómonos bañar (que nos facía falta) e despois todos xuntos un pouquiño a falar para fora... e pa camochiña. Ás nove do venres levantámonos, vestímonos e fomos desayunar. Tras este pequeno piscolabis, fixemos grupos e enseñáronnos a facer rosquillas, pero a cousa non furrulaba muito e tuvo que vir unha muller a amasarnos todo un pouco mellor, explicounos todo sobre o funcionamento da Granxa e levounos ata o invernadeiro e xunto ás plantas: ¡¡unha pila delas eh...!! Finalmente fomos ver todos os animales un por un, como debe ser, e así fuísenos a mañán, puxemos a mesa e fomos comer. Ó terminar todo deixáronnos ir descansar para as habitacións e ás tres da tarde volvemos para Camariñas.
 
Eso fui todo, lectores de camarinas.eu... Buffff, canto escribín...pero a verdade é que o pasamos genial e fui unha boa pena non quedar máis tempo alí: era todo tan bonito... Ah!! e cando marchamos acababa de chegar un grupo de nenos dunha escola e estábanlle facendo xogos e así...¡¡Biquiños a todossss!!
 
  

Comentarios   

MBCA
0 # MBCA 19/10/2008 15:42
q cacho notisia me salio eh jeje...pero si fui unha esperiencia unica e aprendemos muitas cousas..todos compañeiros xuntos..aver se volvemos pronto a outra pero mas tempiño ehhh jeje veña un saludiño a todosss
Responder | Denunciar ante o administrador
MTCC
0 # Q BARBARO!!!MTCC 19/10/2008 16:10
Mima q ben o paseii!!fui unha excursion barbara unica!!aunq tuben q sacar o uniforme e axudar a facer a cena do jueves!!pero bueno levouse ben xq me encanta a cociña!!pasamol o pipa fixemos unha festiña e todo cos monitores e animadores!!esp ero q pronto se bolba a facer outra excursion como esta!!un saludo mayte!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 19/10/2008 16:32
ESTADES MUI JUAPOS TO@S AS FOTOS MARAVILLOSOS EVOS PASASTEDOLO BONBA FASEDES BEN GRASIAS MAITE FAS MAJAS ESTAS JUAPISIMA VALE SEFA E OS PEDROS
Responder | Denunciar ante o administrador
JABA
0 # JABA 19/10/2008 18:59
¡Precioso o Kiriko ese,unha sona ben acondisionada, para disfrutar uns dias no medio da naturalesa,conv ivindo coa xente e kos animales,lujare s os ke visitar, escursions compuestas por nenos e non tan nenos,pa ke disfruten da vida no campo;pero pa bonito,\"Cabala r\",lugar ke se encontra nunha montaña perdida da sivilisasion en Pontedeume,pase i uns dias ali,son verdadeiras escolas da naturalesa e vives unha experiensia unika.....sin television,radi o,internet,vamo s sin lus e sin nada ke todo eso konleba,komo vivian os nosos bisabuelos,inol vidable,rekomen dobos os da aldea madeira ke visitedes ese lujar e ineskecible eaprendese muito!(¡eso si non hai linea telefonika,nin cobertura,nin nada de nada o pueblo mas cerka esta a 40 km. pero vale a pena!)
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 19/10/2008 19:32
Bon boa de ver animales, as fotos están todas muy chulas e sejuro que tamén comestedes ben.¡a por outra!
Responder | Denunciar ante o administrador
sindy
0 # sindy 20/10/2008 17:39
q guay!!!! o mapache leveino eu para ahi.q ganas tiña de velo
Responder | Denunciar ante o administrador