4.6825396825397 1 1 1 1 1 Rating 4.68 (63 Votes)

A familia das "Martas"

De esqueda a dereita, e de arriba a abaixo: Melia (D.E.P.), Juanita, Carmen, Pilar, Teresa, Fela, Martina, María
De esqueda a dereita, e de arriba a abaixo: Melia (D.E.P.), Juanita, Carmen, Pilar, Teresa, Fela, Martina, María

Hoxe, na redacción de camarinas.eu creouse un terremoto mediático sin igual ao cal os redactores respostaron ridiculamente empezando a dar voltas sin xeito ao redor das oficinas da nosa destartalada redacción cando leemos no libro de visitas a últimas horas da tarde que hoxe era o oitenta cumpreanos da nosa querida Señora Marta, muller admirada en Camariñas e nai dun dos nosos máis queridos usuarios, Jose de Marta. A mesma entrañable mulleriña que nos saluda tódolos días cando pasa polo Casino arriba con un humilde e sinceiro: "... e vamos indo... pouquiño a pouco meu filliño..." Nese mesmo instante que nos demos de cuenta do noso olvido empezou a funcionar outro terrible terremoto: o "Equipo de busca e captura de fotos históricas e de cumpreanos de camarinas.eu" que fixou o obxectivo de atopar unha foto para felicitar o cumpreanos de Señora Marta.  Pulsa na foto para ler a historia desta familia de valerosas mulleres.

Oitenta cumpreanos da Señora Marta

Pois si, o equipo de busca de fotos de cumpleaños de camarinas.eu empezou a súa dura labor no medio de millóns e millóns de negativos, fotos en branco e negro e en color, CD´s con fotos scaneadas, etc... Pero ao final, e coma sempre demos coa foto xusta para celebrar o cumpreanos de calqueira dos nosos homenaxeados que neste caso é a Señora Marta: unha foto con todas as súas irmáns, aínda que falta o único varón da familia "O Boleiro" falecido fai moitos anos. Curiosamente a nosa querida Señora Marta tivo tamén 7 fillas e un só fillo.

Señora Marta é unha muller moi querida en Camariñas, non hai máis que vela cando pasea pola plaia que sempre está a falar con todo o mundo, xa sea xente da súa idade, xente adulta ou incluso homes con sentido de rapasiño (por ejemplo coma min). O caso é que señora Marta foi sempre unha gran muller camariñana que tivo que coller as rendas da súa familia cando o seu home quedou cego. Señora marta limpiaba a casa, cuidaba dos nenos, lavaba a roupa, facía de comer, educaba aos seus fillos... pero antes de facer todo esto ela tiña que ir ao muelle a descargar peixe dos barcos, os cales lle pagaban en caixas de sardiña (ou o peixe que fora), despois ir co seu carritiño a vendelo peixe á plasa e ao acabar dirixíase a preparar a encarnada para os barcos do canto. Despois dun cachiño na casa coa súa familia regresaba ao traballo; esta vez tocáballe cargar o peixe que chegaba nos barcos do canto no coche de Campos. Ademáis, e ainda que pareza increible nestes tempos de vicio, señora Marta lavaba roupa de outra xente que lle pagaba por facelo. Toda unha muller! Nestes tempos (estes si que eran de crisis!) sería dificil encontrar a ningún home que igualara a esta muller.

En fin, agora Señora Marta xa non pode andar moi ben e hoxe son os seus fillos e fillas os que a cuidan e miman. Cóntame aquí Gelinita que a veces fala con señora Marta e a velliña dille: "Quen me dera estar no muelle escollendo e colocando ben o peixiño nas súas caixas..." cousa que ata fai ben pouco facía sen nen sequera cobrar. Eu penso que non hai nada neste mundo superior ao amor dunha nai hacia os seus fillos. O exemplo témolo en Camariñas diante da igualitaria Casa de Pedra.

{multithumbs}Image

P.D: Quero dar as gracias a Gelinita pola información que me facilitou cando lle preguntei por Señora Marta e pola súa vida. E ademáis tamén gracias por sempre estar disposta a axudar. Outra nai camariñana donde as haxa.
Señora Marta, feliz cumpreanos de parte de Gelinita e familia.



Comentarios   

juanillo
0 # juanillo 09/10/2008 00:34
FELISIDADES MARTA!!!!que cumplas muitos mais,da justo verche,pareses unha mosa que ainda ten muitos anos por diante.sólo tuvestes un defecto,sacar o teu fillo jose do madrid,pero bueno,rosas a perfesión.muito s saludos desde cartagena.
Responder | Denunciar ante o administrador
estudiante
0 # UNICA E INIGUALABLEestudiante 09/10/2008 07:47
Si señor, traballadora on de as hai, eu teñoa comparada com miña abuela "Sofía", sempre sin parada co seu carrito parriba e pabaixo.
Toda unha vida luchando e traballando, MOITAS FELICIDADES SEÑORA MARTA, e imos indo meu filliño.
Que cumpla moitos mais e nos que o vexamos, un bico moi grande.
---estudiante---
Responder | Denunciar ante o administrador
weah
0 # weah 09/10/2008 08:35
Felicidades tia Marta que cumplas muitos mais;en corea xa existe o mago ahora tamen podemos decir que tamen vive unha santa porque eso e o que,unha santa,santa mARTE
Responder | Denunciar ante o administrador
Ana
0 # FELIZ CUMPLEANOSAna 09/10/2008 09:32
Moitas felicidades señora Marta de parte de sofia e familia.
***********FELICIDADES**************
Responder | Denunciar ante o administrador
eloy
0 # donde vas corriendo Marta¡¡¡¡¡¡¡eloy 09/10/2008 10:25
Feliz cumpleaños Marta, sabes que siempre donde te vea te haré la misma pregunta, DONDE VAS TAN CORRIENDO MARTA yo ya sé la respuesta, besos.
Responder | Denunciar ante o administrador
tedin
0 # feliz cumpleanostedin 09/10/2008 11:44
feliz cumpleanos marta e que cumplas muitos mas
Responder | Denunciar ante o administrador
JABA
0 # \"SIEMPRE TIRANDO DO CARRO DA SUA DURA VJABA 09/10/2008 11:58
Unha muller digna de admirar!non sei komo ela,tanto corpo tiña pa criar tantos fillos e traballar fora,siempre" TIRANDO DO CARRO,ASI A RECORDO EU".Unha muller dos pes a cabesa,loitador a,ke non se rinde ante os reveses da vida.¡¡¡FELISID ADES MARTA,KE CUMPLAS MOITOS MAS,NA COMPAÑA DA TUA FAMILIA KE CHE ADMIRAN!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
Machote
0 # Machote 09/10/2008 12:13
feliz cumpleanos sñra marta e que cumpla moitos mais,vay boa de decirme cando era rapaz asi me gus meu neno que axudes a teus pais eso teñoo gravado na miña cabeza felicidades.
Responder | Denunciar ante o administrador
viceversa
0 # viceversa 09/10/2008 12:20
En estas noticias un non sabe mui ben o que escribir,casi esta todo dito, simplemente felicidades Sr Marta, unha das mellores veciñas de corea.
Responder | Denunciar ante o administrador
trintadousventos
0 # trintadousventos 09/10/2008 13:32
Hoxe cumplio anos unha muller camariñana que supo manter a sua familia unida, muller sincera ,traballadora e humilde, unha camariñana que seguramente como muitas outras pasou calamidades pa manter a seus fillos, pero fixo honradamente a base de esforzo e dedicacion, estas personas son as que tiñan que dedicarlle o nome de unha calle do noso pobo, non a medicos nin generales nin politicos.
Sinceramente gracias Sr, Marta por ser tan boa xente, e felicidades por seu cumpleanos.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 09/10/2008 14:11
Marta deseoche que cumplas muitos más porque quero sejir vendoche todos os días, todo canto desides e verdad e muito más siempre fui muy traballadora e sije sendo o que pasa que as pernas empesanlle a fallar un pouco e ten que faser aljún descanso de ves en cando, Marta, que sijas así muitos anos más.
Responder | Denunciar ante o administrador
Abenchara
0 # Abenchara 09/10/2008 14:59
Moitas Felicidades Sra Marta, por ser como eh, os seus fillos sintense moi orgullosos de vostede, por que e unha gran muller. Gracias por esta entre nos e saudar a todo mundo sempre. Tamen por darnos exemplo de humildad e de forza, FELIZ 80 CUMPLEANOS.
Tamen quero mandar un saudo pos fillos de esa outra gran muller, SEÑORA MARIA,
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # Felicidades!lucia018 09/10/2008 15:20
Moitas Felicidades Sr Martaa!!
Que cumpla mOITOS Mas!!!...


*********LUCIA********************
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # felicidadesrubiasexy 09/10/2008 15:49
son pedro seu sobriño felicidades tia marta que cumpla muitos mas pedro sefa e pedrito fuerteventura
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
0 # jose de marta 09/10/2008 18:26
Quero darlle as grasias a todo o mundo que felisitou a miña nai.Muitas grasias de verdad.A ver si me dura outros 80 mais.Tamen quero aproveitar para desirlle que a quero muitisimooooooo .
Responder | Denunciar ante o administrador
corvo
0 # FELISIDADEScorvo 09/10/2008 18:52
FELISIDADES sra. MARTA ,KE CUMPLA MOITOS MAIS ,EU POUKIÑO TARDE PERO O KE VALE E A INTENSION ¿NON LLE PARESE? ,VEÑA ASEJIR CUMPLINDO MAIS EN COMPAÑIA DA FAMILIA
Responder | Denunciar ante o administrador
PIRUCA
0 # PIRUCA 09/10/2008 23:35
FELICIDADES MIÑA ABUELA E XA VERÁ COMO CUMPLE UNS CUANTOS BASTANTES MÁIS!!!!
ESPERO QUE LLE GUSTARA A TARTA AINDA QUE NON TIÑA UN MOI BO DÍA.
OS NETOS TAMEN ESTAMOS TODOS MOI ORGULLOSOS DE USTED E ADMIRAMOLA MOITÍSIMO PORQUE COMO XA DIXEN UNHA VEZ:
É DIGNA DE ADMIRACIÓN POR TODO CANTO FIXO E FAI NESTA VIDA!!
UN BICO MOI GRANDE E MAÑAN A COMER XURELIÑOS ASADOS EN COREA!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
josiño
0 # josiño 10/10/2008 00:18
felicidades señora Marta,a seguir asi muchos años,las demas solo conocia a la entrañable Melia q dios la tenga en la gloria alla arriba.
Responder | Denunciar ante o administrador
adry
0 # adry 10/10/2008 00:57
felicidades retrasadas señora marta,eu qerolle comarea a señora marta porque sempre fui muy boiña connosco e smpre q a vexo ten unha sonrisa pa min, pero bueno son toda familia muy boa xente.bikiñoss
Responder | Denunciar ante o administrador
isa
0 # isa 10/10/2008 01:51
felicidades sra marta que cunpra muitos mais algo tarde pero bueno.
a cuidarse que cando chege quero vela ali na casa de sua irman carmen coma duas mosas que siempre foron mui boa xente que me trataron de maravilla desde que era pequena que ainda somos familia un bico
Responder | Denunciar ante o administrador