- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 06 Outubro 2008 06 Outubro 2008
A familia de Roberto e Sandra

Unha fermosa familia: Roberto, Andrea, Saray e Sandra. Felicidades!!
Domingo 5 de outubro, 11 e media da mañán. O noso fotógrafo oficial e oficioso diríxese a patas (ou como dirían na coruñiña: "a patín neno") hacia a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas onde esperan os feligreses camariñáns o inicio da Santa Misa Dominical. Ao mesmo tempo chegan á nosa igrexa a amplia familia de Roberto e Sandra, pais da neniña que foi bautizada este domingo: Saray. Roberto e Sandra son unha xoven parexa que viven en Camariñas e aínda que él naceu en Venezuela e ela é natural de Santa Mariña as súas dúas fillas Andrea e Saray son camariñanas pero nunca sen olvidar as súas raíces.
Iniciada a Santa Misa, Don Jesús, posiblemente o mellor dos curas párrocos que oficiaron en Camariñas nunca, deu outra mostra da súa sabiduría doctrinal cun sermón magnífico o cal fixo reflexionar a todos e cada un dos cada vez máis numerosos asistentes ás súas misas. Os padriños da pequena Saray foron un moi querido por esta redacción matrimonio de Santa Mariña: Hermindo e Mari Carmen (irmán de Sandra). Aínda me acordo daqueles fins de semana que pasaba a miña familia cando eramos rapazotes en Santa Mariña coa familia de Hermindo... pois nada, só queda felicitar a Sandra e Roberto pola fermosa familia que están a crear en Camariñas. ¡¡FELICIDADES!! Pulsa na foto para ver unha ampla reportaxe do Bautizo de Saray.
A familia de Roberto e Sandra
{multithumbs}
Comentarios
Todos mui guapos.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.