3.6024096385542 1 1 1 1 1 Rating 3.60 (83 Votes)

Importantes deficencias nos colexios do concello

Marcos trata de explicar polo miúdo toda a problemática que suscita a pérdida de profesores cualificados
Marcos trata de explicar polo miúdo toda a problemática que suscita a pérdida de profesores cualificados

Este Luns 24 de setembro o Director de camarinas.eu tivo a ocasión de reunirse co profesor e tamén Director do C.E.I.P. de A Ponte do Porto, Marcos Carballeira Alonso. O motivo de tal encontro non foi outro que para dar a coñecer a todos os pais de alumnos non só do C.E.I.P. da Ponte do Porto, se non de todo o Concello de Camariñas, as deficiencias en canto a educación especial que terán que sufrir os alumnos menos aventaxados, con enfermedades psicolóxicas ou dificultades de comprensión.

Marcos dounos a entender que non se trata de unha cuestión de cantidade de profesores, senon de calidade (cualificación dos mesmos para tratar con estes alumnos con problemas) e que estes rapaces van a ter serias dificultades en saír adiante coas actuais inclusións de docentes especializados que otorga a Xunta de Galicia para o noso concello. Tamén trata de deixar claro que hai que ser firmes nas reclamacións pero sempre desde o consenso dentro do colexio e respetando a legalidade. Desde camarinas.eu queremos ofrecer todo o noso apoio a unha causa que consideramos xusta e necesaria para a mellor adaptación destes rapaces que, por causa de enfermidade, deben de ter maior atención e, como di Marcos, máis cualificada para que poidan saír adiante nos seus estudios académicos e, sobre todo, na súa vida. Ademáis queremos agradecer a Marcos a súa confianza na web máis vista da Costa da Morte para expoñer este grave caso e tamén agradecer especialmente a nosa querida usuaria Jakeline que nos puxo en contacto co director deste colexio. Pulsa na foto para ler a reclamación feita por Marcos Carballeira Alonso, Director do Colexio da Ponte do Porto en camarinas.eu.

Marcos Carballeira Alonso, director do C.E.I.P. de Ponte do Porto (Camariñas)

Marcos trata de explicar polo miúdo toda a problemática que suscita a pérdida de profesores cualificados
Marcos trata de explicar polo miúdo toda a problemática que suscita a pérdida de profesores cualificados
 

Quero poñer en coñecemento de todos os pais e nais deste Concello, e sobretodo, aos/as pais/nais que teñen aos seus/súas fillos/as matriculados do CEIP Ponte do Porto, que como xa lles explicamos, na reunión mantida o pasado venres día 19 de setembro, estamos a ter este ano unha problemática que nos afecta a todos/as, e que está a impedir un normal e axeitado desenvolvemento do funcionamento do Centro. Esta circunstancia ven motivada pola decisión da Consellería de Educación e O.U. de facer un recorte de profesorado en canto ás prazas de mestres especialistas de Pedagoxía Terapeútica e Orientación, con respecto ao ano pasado.

Tendo en consideración que o pasado curso académico contabamos neste Centro con dúas especialistas en Pedagoxía Terapeútica (PT), e a praza de orientador a tempo completo, circunstancia motivada por os casos de alumnos/as do colexio que presentan necesidades específicas de atención educativa. Estes especialistas xunto coa mestra de Audición e Linguaxe (AL) atendían a un número determinado de alumnos/as que posuen estas necesidades específicas, os/as cáles están diagnosticados/as con informe de organismos competentes, e que presentan problemáticas que van dende o autismo, ao síndrome de Rett, a xordeira, e outros transtornos xeralizado do desenvolvemento.

Marcos Carballeira Alonso
Marcos Carballeira Alonso
En cambio neste curso tan só contamos con unha mestra de AL , outra de PT (en lugar de dúas), ademáis da praza de orientador compartida co CEIP “O Areal” de Camariñas. O orientador agora terá que atender os casos de alumnado do CEIP Ponte do Porto, así coma os que se presenten nás escolas de E.E.I. de Xaviña, Carnés, Cereixo e no CEIP de Camelle, ademais dos do “O Areal”.

Dende o pasado mes de maio e ata inclusive todo o mes de setembro, cando soupemos definitivamente con canto profesorado contaríamos para este curso, viñemos reclamando, por parte do Consello Escolar, Claustro de Profesores e por tanto, tamén por parte desta dirección,  que para este curso se nos enviara, entre outros/as mestres/as, este profesorado especialista, sumamente necesario para atender este tipo de casos,  e que por outra parte, poderanse ver incrementados por outros que están pendentes de diagnosticar, pois tamén temos que ter en conta o alumnado que nos chegou procedente das escolas unitarias, doutros Centros de Galicia, doutras Comunidades Autónomas e incluso no CEIP “O Areal” chegou alumnado estranxeiro.

Seguimos opinando que ainda que contamos con profesorado suficiente por número de alumnos matriculados, os cales ascenden a 158. A nosa petición non ven formulada por unha circunstancia de cantidade, se non de calidade do ensino. Entendendo que ainda que estes alumnos/as poderían recibir apoios de outros/as profesores/as do Centro, nunca resultarán tan eficaces coma se estes apoios son feitos por profesorado especialista neste tipo de casos. Por tanto todos: mestres, pais, coma tamén me consta que dende o propio Concello de Camariñas, estamos a unirnos para reclamar á administración educativa o que consideramos que debe de ser xusto. Anímovos, por tanto, e a título persoal a que apoiedes aos Centros educativos deste Concello en calquer reivindicación ou iniciativa que teña que ver con este tema, eso sí, sempre que sexa previamente consensuada e dentro da mais estricta legalidade. Pensade que todos/as nos queremos a mellor educación para os nosos fillos e fillas, incluso a propia administración, pero de vez en cando, temos que darlle un pequeno empuxonciño. Manifestemos pois as nosas queixas de un xeito firme e enérxico para que a nosa voz sexa escoitada, pero ao mesmo tempo coidando sempre as maneiras e as formas, pois cando non se fai así, por moita razón que poidamos ter, perderémola. Tan só agradecer a todolos pais e nais que adxuntaron a súa firma á nosa para facer esta nova petición conxunta, e lembrarlles que ainda teñen de prazo ata mañá martes día 23, para pasar polo CEIP Ponte do Porto a asinar. Moitas grazas polo vóso apoio.

Un saúdo.
Atentamente, 

                Ponte do Porto, 22 de setembro de 2008.

O Director


Imaxe do C.E.I.P. da Ponte do Porto
Imaxe do C.E.I.P. da Ponte do Porto


Comentarios   

fabio
0 # fabio 24/09/2008 12:19
EU CREO QE O PROFESOR TEN RASON E FALA MUI BEM.AI QE ASUDAR A ESES RAPASIÑOS DISCAPASITADOS CON PERSONAL ADATADO A ELES.TEMOS QE APOYALOS ENTRE TODOS PA QE TRAYAN ESES PROFESORES.MUI BEM A NOTISIA
Denunciar ante o administrador
Mister X
0 # Mister X 24/09/2008 12:27
realmente es una causa justa la que plantea valientemente este director junto a los padres de los alunnos.apoyemo s entre todos desde esta pagina su justa demanda
Denunciar ante o administrador
jakeline
0 # jakeline 24/09/2008 14:28
gracias diego por expoñer a nosa preocupacion na web,espero q se poida facer algo e defeito nn imos quedar quietos ata q os nosos fillos teñan o q merecen sa q esta situacion nn solo afecta os nenos con problemas si non a todos os demais nenos....

saludos e gracias por o apoyo
Denunciar ante o administrador
Pion
0 # Pion 24/09/2008 14:35
hola bos dias a todos, pero ¿en que mundo vivimos?en ves de ir para mellor vamos para peor,non ai pediatras,non ai profesores espesialisados, pero nos seguimos pagando os mismos impuestos,sin ter servisios esto non pode seguir ,e despois din que ai muita xente non paro, ten que haber si os mismos ministerios non dan traballo,o meu apollo a esta xente, e seguide luchando polo que teñen dereito eses rapases
Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 24/09/2008 21:24
Que os jrandes politicos se rebaixen os seus sueldasos que teñen e que contraten xente que hay muita e ben pereparada e estan non paro.
Denunciar ante o administrador
JABA
0 # \"DE GUATEMALA A GUATAPEOR\"JABA 26/09/2008 01:07
¡Mima,ke mal estamos!recorte s na educasion,no futuro,esto, a ken afecta e, a eses nenos,pa abrirse camiño no mundo laboral.......\ "¿Cal sera o proximo recorte,menos medicos tal ves\"?ke futuro nos espera.....!
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.