- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 31 Agosto 2008 31 Agosto 2008
A última cea

Nin nunha cena festiva descansa o noso querido director na súa labor informativa exhaustiva
Despois da tempestade, ven a calma, polo menos eso din. Trala a ratos esperpéntica asamblea do Club Náutico de Camariñas que lle tocou vivir aos redactores pola tarde do sábado 30 de agosto e na que oíron as máis disparatadas propostas e intervencións (¡ay, que paciencia, Don José de Corme, un Santo Job moderno!), pola noite os ánimos xa estaban máis calmados e así todos poidemos disfrutar da Gran Cea - Festa dos Señores Socios do CNC, a cal foi amenizada pola charanga Vilalba, cuias fotos poderedes repasar visualmente no interior desta noticia.
Cea-festa dos socios no Club Náutico
Despois da tempestade, ven a calma, polo menos eso
din. Trala a ratos esperpéntica asamblea do Club Náutico de Camariñas
que lle tocou vivir aos redactores pola tarde do sábado 30 de agosto e
na que oíron as máis disparatadas propostas e intervencións (¡ay, que
paciencia, Don José de Corme, un Santo Job moderno!), pola noite os
ánimos xa estaban máis calmados e así todos poidemos disfrutar da Gran
Cea - Festa dos Señores Socios do CNC, a cal foi amenizada pola
charanga Vilalba.
Decimos o de José de Corme, que por certo será o Presidente do Club Náutico de Camariñas polo menos en propias palabras súas ata o 1 de outubro, o tempo necesario para arreglar o desaguisado do bar-restaurante do noso CNC, porque a redacción non pode evitar trazar un paralelismo ca labor desinteresada e non remunerada do que de agora en adiante será o Presidente do CNC e a desta redacción, pola que se reciben todo tipo de críticas destartaladas e consellos non solicitados, ademáis de ter que oír as impertinencias máis diversas e os cambios de humor dalgunhas señoritas e das súas mamás, e que incluso levan a constatar a veracidade dunha das frases de cámara dende xa hai anos dun dos nosos redactores: "a familia, pode chegar a converterse nun lastre", e que fan que un redactor esté cansado, xa tan cansado...
Pero bueno, indo ao aspecto lúdico-festivo, onte poidemos disfrutar da última cea de Xosé Luis Blanco Campaña como Presidente do CNC e na que lle traspasou o bastón de mando ao polifacético e querido por nos José de Corme. É de reseñar que polo visto onte e na cea de camarinas.eu, volve o pobo de Camariñas polos seus viejos fueros, enchendo recintos e animándose a participar en cenas masivas, tal e como sucedeu onte. Así, entre os asistentes destacou a presencia do noso querido usuario Xabier Blanco Vázquez, o director de Hispasónicos.com, unha web con decenas de miles entradas diarias, que fixo a presentación en sociedade da súa parella e do seu recente e fermoso filliño e co que poidemos departir amigablemente, quedando pendentes dunha serie de consellos (estos si solicitados) que nos dará este portento cibernético para que se poida mellorar en algo a nosa destartalada web. E é que onte poidemos ver a persoas que facía moito non aparecían por Camariñas como a irmán de Xabi, Monserrat. En fin, unha cea cunha gran asistencia de público e que sirve para inaugurar unha nova época no Club Náutico de Camariñas, novos tempos nos que seguramente todos teremos que poñer algo para que o noso CNC siga a ser o mellor e máis importante da Costa da Morte, ca importancia que eso conleva para o Concello de Camariñas.
{multithumbs}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.