4.3076923076923 1 1 1 1 1 Rating 4.31 (52 Votes)

Xosé Luis dimite como Presidente do CNC e Marisol Soneira é rexeitada pola asamblea como Socia de Honor

 

A última xunta directiva do CNC presidida por Xosé Luis Blanco Campaña
A última xunta directiva do CNC presidida por Xosé Luis Blanco Campaña

 

Na asamblea xeral ordinaria e extraordinaria celebrada no día de hoxe 30 de agosto de 2008 saltaron dúas auténticas bombas informativas: Primeiro, Xosé Luis Blanco Campaña, actual Presidente do CNC, abandona debido a motivos persoais e por propia vontade a Presidencia do mesmo e, en segundo lugar, nunha votación que tivo lugar á proposta da socia Chuchú de Cerdeiras, nunha moi cuestionable e ao noso entender bastante inxusta decisión, a asamblea decidío por maioría rexeitar o nombramento de Marisol Soneira Tajes como Socia de Honor do CNC. Pulsa na foto para ler a noticia completa acerca da asamblea máis explosiva dos últimos anos.

Ata sempre, Xosé Luis

A asamblea extraordinaria comezou pasadas as 5 e media da tarde e versou sobre a modificación de certos artigos dos estatutos, como o referente á pertenencia á Federación Galega de Vela ou á relativa ao réximen electoral, que foron aprobadas non sen certas reticencias por parte de algúns socios moi combativos durante toda a asamblea. Unha vez rematada esta asamblea extraordinaria foi cando saltou a primeira bomba informativa da tarde: Xosé Luis Blanco Campaña a través dun discurso preparado e impecable no fondo e na forma, daba conta á asamblea da súa dimisión irrevocable debida a motivos persoais, quebrándoselle a voz ao final do discurso e quedando ao borde das bágoas. Unha atronadora ovación enchío o recinto como homenaxe ao home que máis fixo para que Camariñas teña o primeiro e mellor Club Náutico de toda a Costa da Morte.

Pero esta non era a única bomba informativa que nos tiña preparada esta asamblea, porque outra das persoas que máis fixeron porque Camariñas teña un Club Náutico cun futuro impresionante, ben pelexando nos distintos despachos oficiais de Santiago, ben movéndose a traves das distintas consellerías, a Deputada Autonómica Marisol Soneira Tajes, nunha decisión ao noso entender lamentable e ilóxica, foi rexeitada pola asamblea como Socia de Honor, nunha votación iniciada á petición da socia Chuchú de Cerdeiras e na que sen embargo a asamblea aceptou como Socios de Honor a Manuel Martín (o avogado muxián) e a Sandra Ínsua Rial actual Tenente de Alcalde do Concello de Camariñas.

Por outra banda a asamblea aprobou as contas que van de agosto de 2007 ata agosto deste ano e  así mesmo aprobou un orzamento para o exercicio Agosto 2008-Agosto 2009 de 203.010 euros. É de salientar que as existencias en caixa do CNC son a día de hoxe de 74.000 euros, estando previsto que en agosto de 2009 sexan de 78.810 euros, o que fala ben ás claras da excelente situación económica no que Xosé Luis deixa o CNC. Cartos que tal vez deban de ser utilizados para financiar parte do traslado das instalacións do CNC ata o Curbeiro, xa aprobada por Portos de Galicia. En todo caso o día de hoxe quedará para a historia como aquel no que a persoa que sen dúbidas máis fixo polo Club Náutico de Camariñas presentou a súa dimisión voluntaria, libre e persoal. Xosé Luis, alá onde te encontres esperamos que camarinas.eu che achegue un pouco máis ao teu fogar, a Camariñas. Ata sempre, Xosé Luis.

{multithumbs}

Comentarios   

rubiasexy
0 # jose luisrubiasexy 31/08/2008 11:23
deseamos muita suerte que heres mui boa persona,,eu estuben odia dos usuarios e muibo SUERTE RUBIASEXY
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 31/08/2008 11:43
Espero que a persona que entre o faja tambén como tí o fixestes, deseoche o mellor.
Responder | Denunciar ante o administrador
duquesa
0 # duquesa 01/09/2008 17:18
Bueno Jose Luis eres o mellor e Marisol a mellor tia que teño con diferencia non fagas caso ti chegastes alto e eso e o que importa.Hai quen lle dera a alguns e a alguhas.
Responder | Denunciar ante o administrador