4.5316455696203 1 1 1 1 1 Rating 4.53 (79 Votes)

Señoras e señores, chegou o gran día

A Cena 1º Aniversario de camarinas.eu, unha humilde vila mariñeira volcada ca súa páxina web
A Cena 1º Aniversario de camarinas.eu, unha humilde vila mariñeira volcada ca súa páxina web

Pois tal e como prometéramos, o maior espectáculo do mundo (nin comparación ca movida que montaron eses chinos comunistas ca inauguración da Olimpiada) xa está aquí. Mañán venres 22 de agosto a partir das 9:30 da noite máis de cen camariñáns, grandes personalidades do Concello incluidas, daranse cita no Restaurante Catro Ventos para homenaxear e financiar na medida do posible a web máis vista da historia da Costa da Morte e que contribuío de forma decisiva a espallar o nome de Camariñas polo mundo adiante, porque por exemplo ¿quén nos diría fai máis dun ano que alguén dende a remota e semiasiática cidade rusa de Ufá (República de Bashkirstán) ía a deterse ¡vinte minutos! nunha web adicada a este Concello milenario?

En todo caso lembrade levar con vós a entrada que da dereito a acceder ó recinto, xa que no caso contrario Adry e Lucía non vos deixarán entrar. Asemesmo todos aqueles que así o desexen poderán dar os seus datos persoais para formar parte como socios da futura Asociación de Amigos e Usuarios de camarinas.eu que mañán fará a súa presentación en sociedade. Haberá unha rifa dunha preciosa vista do Faro Vilán e unha vez rematada a cena, recomendámosvos un éxodo másivo cara o Café Bar Arnela onde terá lugar un espectáculo por todo o alto, xa que incluso o noso querido (aínda que parezca increíble) veciño de Corea J.A. prometeu traer para Tono da Riala a batería móvil da antigua charanga de Vimianzo, cunhas condicións aerodinámicas especialmente adaptadas ó físico do maior experto percusionista da Costa da Morte. En fin, os Tres Tenores, maestros gaiteiros e acordeonistas, Pauliña, Adry, Lucía, mañán pode ser o apocalipsis,  o desiderátum ¡¡así que apura e colle as últimas entradas disponibles!! 

Noticia patrocinada por:
 
{mosbanner}

 

 

Comentarios   

ruttiger
0 # ruttiger 22/08/2008 00:10
¡¡Muy bien, vamos camarinas.eu a topeee!!
Y al que no le guste la cena, yo le digo: ¡¡cálleseeeeeee e!!
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # lucia018 22/08/2008 08:10
Si, acordadevos de traer as entradas!!
Vamolo pasar pipa!!!
Viva camarinas.eu
Responder | Denunciar ante o administrador
fabio
0 # fabio 22/08/2008 09:27
POS TA BEM O FINAL BAI UNMA PILA DE SENTE A SENA, NOM ME ESTRAÑA CON EASA MULLERES TAN JUAPAS QE TABAN PORAI BENDENDO AS ENTRADAS.FALISI DADES CAMARINAS.EU
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # fasedes majasrubiasexy 22/08/2008 10:54
bueno alegrome de que axente ,partisipe,,mui bonito todo mima que ben oides pasar, que janas teño de estar con bos ,,suerte artistas fasedes majas e rubiasexy
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 22/08/2008 10:58
esperemos pasalo ben todos, como di Luci acordadevos de levar as entradas.
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 22/08/2008 11:46
que ben o ides pasar camariñáns!!

pois eso... facede estragos no corpo que as festas festas son!!

saudos a todos!!
Responder | Denunciar ante o administrador
ruliña
0 # ruliña 22/08/2008 20:19
MIMA IDELO PASAR PIPA COMO DI LUCIA. ASI QUE A DISFRUTAR DA SENA .
Responder | Denunciar ante o administrador
estrada do vilan
0 # estrada do vilan 23/08/2008 18:03
haber si non durmimos tanto e colgades xa algo da festa de onte. Espero que o pasarades todos muy ben.
Responder | Denunciar ante o administrador
popeye
0 # popeye 23/08/2008 21:26
Con envexa de non poder estar por a terra mais maravillosa do mundo CAMARIÑAS. Espero que a pesares das dificultades podades continuar con esta xenial paxina e organizedes maís ceas e outros eventos nos seguintes meses, a ver si a si podo asistir algún. Saudos pa todos e adiante..
Responder | Denunciar ante o administrador