4.9661016949153 1 1 1 1 1 Rating 4.97 (59 Votes)

Apertura dunha nova tenda en Camariñas

Como podedes ver, os tenderetes e roupa no chan metéronselle diante da tenda de Albito e Magdalena
Como podedes ver, os tenderetes e roupa no chan metéronselle diante da tenda de Albito e Magdalena

Parafraseando aquela mítica película de nome "Blanco Humano" (en realidad era bastante mala: non había por onde collela) dirixida polo piroténico realizador taiwanés afincado agora en Hollywood John Woo e protagonizada polo bastante limitado en canto ás súas dotes interpretativas Van Damme (Bandán), a tenda que rexentaba o noso querido amigo e usuario de camarinas.eu Alvito Diéguez na Ponte do Porto  fixo esta semana "un cambio de escenario, algo menos tropical, zona montañosa... castillos... Europa del Este. Allí podremos operar durante años..". Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unhas instantáneas da nova tenda de Albito e Magdalena.

Reinauguración da Xoiería do Encaixe

A mellor artesanía está á vosa disposición na Xoiería do Encaixe
A mellor artesanía está á vosa disposición na Xoiería do Encaixe

Deixándonos das bromas tan típicas desta redacción, informamos a todos os nosos lectores de que a tenda rexentada por Alvito Diéguez e a súa encantadora esposa Magdalena sita na Ponte do Porto trasládase ata a Rúa da Capilla en Camariñas, xusto donde se atopaba a tenda de modas Garbo no que é a Praza do mercado de Camariñas. Despois de dúas semanas de intenso traballo para acondicionar o local, hoxe pola mañán poideron abrir as súas portas para atender a todos os seus clientes aínda que a inauguración oficial será hoxe sobre as 5 da tarde e todos os que se acerquen por alí poderán degustar uns dulces regados cun licor moi especial: Licor de Caramiñas especialmente feito por Alvito Diéguez Junior.

De todos modos temos que dicir que non todo foi de color de rosas hoxe na inauguración da tenda xa que  Alvito tivo que cerrar dous dos escaparates que ten no lado esquerdo debido a que un tenderete de roupa se lle puxo diante destes. E ademáis, como podedes ver na foto da portada casi lle tapan o acceso á tenda con roupa tirada polo chan. Bueno Alvito, que sepas que desde camarinas.eu estaremos atentos a que eso non volva a ocurrir este sábado. En fin, desexámosche a ti e a túa fermosísima familia toda a sorte do mundo e que todo sala o millor posible nesta nova etapa que emprenden nas súas vidas.


Noticia patrocinada por:
 
{mosbanner}

 

 

Comentarios   

mantida
0 # mantida 20/08/2008 15:34
Alvito deseoche que che vaia muy ben ca tienda ojalá vendas muito , creo que a estrenastes conmijo.¡suerte !
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 20/08/2008 21:19
suerte mui bonito todo amaquina traeme recuerdo sefa suerte
Responder | Denunciar ante o administrador
fabio
0 # fabio 21/08/2008 09:24
EU QERO DESERLLE A ALBTITO MALA ASUA MULLER A MASIMA SUERTE PA QE TEÑAN SUERTE NO SEU NEJOSIO,QEE O QE FAI FALTA NO PUEBLO ABRIR MAS NEJOSIOS PA BER SI ASI ARREJLAMOS A ECONOMIA QE DISQE AY UNMA CRISIS MUI FUERTE ECONOMICA
Responder | Denunciar ante o administrador
PIRUCA
0 # PIRUCA 25/08/2008 19:31
MOITA SUERTE ALBITO CO TEU NOVO NEGOCIO!!!!!!!T ES COUSAS MOI BONITAS.
Responder | Denunciar ante o administrador