- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 18 Agosto 2008 18 Agosto 2008
Pois nesto que estábamos tan tranquilos tomando un Jack Daniel's no Café Bar Arnela na noite deste último sábado 16 de agosto, cando de repente se montou o disparate. É decir, chegou un gaiteiro, un acordeonista, danzarinas sensuales, unha pila de xente e armouse unha boa festa. A ocasión non era para menos: Francisco Barcia Trashorras, todo un virtuoso do acordeón tal e como tivemos ocasión de comprobar, cumpría 16 anos e para festexalo elexío o mellor lugar posible, o Café Bar Arnela, sede de Camarinas.eu.
O citado fiestorro, que destacou pola calidade das interpretacións dos dous maestros gaiteiro e acordeonista servío de ensaio xeral para a festa que temos pensado montar no Arnela unha vez rematada a cena do venres 22 nos Catro Ventos e para a que os Tres Tenores xa están afinando as suas voces varoniles, asemesmo Tono da Riala está na busca e procura duns platillos cos que elevar o seu arte timbaleril ata o infinito musical. Estes dous mestres da música folklórica galega por suposto quedan invitados e así non estaría mal escoitar un dueto ao acordeón entre a nosa redactora Adry e Fran. Sabemos que a Festa do 1 de agosto é imposible de superar, pero como complemento á Cena xuntarémonos no Arnela unha boa pila de juerguistas, festeiros e "triunfas" con gañas de pasalo ben. Por elo si aínda non te apuntaches para a cena do día 22, aínda estás a tempo, o mércores 20 debemos pasarlle a lista ao restaurante ¡¡PASARÉMOLO PIPA, NO LO DUDEN!
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.