2.75 1 1 1 1 1 Rating 2.75 (64 Votes)

Sandra Insua será socia de honor do CNC

Xosé Luis, Sandra e Pichurri no momento no que se fixo entrega a Sandra do diploma de homenaxe
Xosé Luis, Sandra e Pichurri no momento no que se fixo entrega a Sandra do diploma de homenaxe

Este venres 15 de agosto o Club Náutico de Camariñas homenaxeou á 1ª Tenente de Alcalde do Concello de Camariñas, a porteña Sandra Insua Rial, pola labor desenrolada por ésta como Concelleira de Cultura e Deportes a prol do CNC e dos deportes náuticos na Vila de Camariñas. Á citada cea acudíu unha nutrida representación do PSOE camariñán encabezada polo alcalde Pichurri, a deputada autonómica Marisol Soneira Tajes ou o concelleiro Javier Cabrejo. Pulsa na foto para ver a noticia completa e unha pequena galería fotográfica.

Homenaxe a Sandra Insua Rial

A citada cea, á que acudiron preto de 50 comensais, comenzou as 10 e media da noite do venres 15 de agosto e tralos pratos (merluza rebozada, carne asada con patacas e postre) tiveron lugar os discursos de rigor nos que Pichurri, Marisol e Xosé Luis ensalzaron a labor realizada dende o concello por Sandra a favor do desenrolo dos deportes náuticos na Vila de Camariñas e por consiguinte a axuda prestada ao noso CNC, que non se debe olvidar que foi o primeiro e máis importante da Costa da Morte.

Como colofón a esta cena homenaxe só compre engadir que o noso CNC na asamblea ordinaria que celebrará este 30 de agosto someterá á aprobación dos socios o nomeamento de Sandra Insua Rial como socia de honor o cal suporá que Sandra virá a sumarse a unha longa lista de nomes ilustres no Concello de Camariñas.

{multithumbs}

Comentarios   

mantida
+1 # mantida 19/08/2008 11:14
venvida como sosia o club nautico de camariñas Sandra.
Responder | Denunciar ante o administrador
trintadousventos
+1 # trintadousventos 19/08/2008 13:29
A min todo estos homenaxes que estades a facer os do nautico , cheirame a pelotilleo.
Responder | Denunciar ante o administrador