4.3695652173913 1 1 1 1 1 Rating 4.37 (46 Votes)

Begoña e Miguel xa son marido e muller

Miguel e Begoña á saída da Igrexa Parroquial de Camariñas
Miguel e Begoña á saída da Igrexa Parroquial de Camariñas

Este sábado 9 de agosto de 2008 celebrouse, nun día radiante, a voda entre Begoña Carril, veciña de Camariñas e Miguel Vázquez, un rapaz de Pereiriña (Cee) que traballa como carpinteiro autónomo. Sobre ás 13:00 do espléndido mediodía chegaba unha noiva radiante á Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas onde xa a esperaba impaciente e visiblemente nervioso Miguel. Don Jesús, o cura párroco de Camariñas, citou unha homilía amena e sinxela como ven sendo habitual e cas que tanto aprendemos cada vez que nos acercamos á igrexa. Despois, casou aos noivos sen máis preámbulos  e adicoulles unhas bonitas palabras.  Camarinas.eu presente no enlace que unía a Begoña e Miguel en santo matrimonio captou unha ampla galería fotográfica de 130 imaxes que procede a publicar para xeral coñecemento do usuariado máis activo da Costa da Morte.


Despois da misa os noivos e o fotógrafo desprazáronse ata o lugar máis emblemático e maxestuso desta costa atlántica excepto a Costa da Morte de Santa Comba: o Faro de Cabo Vilán de Camariñas. Alí poideron aproveitar para sacar unhas fotos preciosas porque o día estaba tranquilo e soleado e os noivos, xa máis tranquilos, posaron naturalmente. Despois das pertinentes e inevitables fotos de rigor voderil tivemos que desprazarnos ata un restaurante clásico nestes ambientes: o Restaurante "A Lagoa" de Vimianzo onde puidemos degustar un manjar composto por sete pratos de marisco, 1 de peixe e un de carne ademáis do postre, o sorbete de limón e os consabidos vasos de champán, licores e cubatas que, coma sempre, fixeron que aflorara o ritmo caderil nos invitados ao son dun dúo musical composto por unha "vieja gloria" da música ao piano e unha fermosa cantante ás voces.

Despois poidemos ver a nosa Beauty Adriana coller o piano para tocar unha pieza dedicada á súa amiga Begoña que emocionou a todo o mundo. Xa entrando a noite, os bailes xeneralizáronse e os cubatas tamén. Alí poidemos coñecer tamén a os amigos de Pereiriña de Miguel, uns rapaces xeniales e alegres donde os haxa.

Pois esto é todo, sólo nos queda felicitar aos recén casados e dedicarlles esta noticia e desexar que sexan felices e que coman perdices para o resto das súas vidas. ¡¡FELICIDADES!!

Comentarios   

mantida
+2 # mantida 11/08/2008 17:31
Begoña e Miguel deseobos o mellor de este mundo, que seades muy felises non voso matrimonio.
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+2 # rubiasexy 11/08/2008 17:45
mui juapos tod@s na boda si estades juapisimos felicidades os que se casaron e adri esta mui juapa parese un prinsesa sefa e os pedros
Denunciar ante o administrador
adry
+2 # adry 11/08/2008 21:45
ESES NOVIOS...O Q PODO DECIR DA BODA PORQ FUN TESTIGO E Q UN DEZ EN TODO...NA COMIDA, OS NOVIOS TODO...HABÍA ANOS Q NON O PASABA TAN BEN NUNHA BODA...SUPERBEN TODO...SODES OS MELLORES, DESEOVOS O MELLORIÑO PORQ VALEDES MUITO...
Q BODA MÁS BÁRBARA.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.