- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 07 Agosto 2008 07 Agosto 2008
Camariñas e Noruega unidas polo amor

O Alcalde Pichurri posa cos noivos no Salón de Plenos do Concello de Camariñas
Camarinas.eu da por rematada a publicación da avalancha de enlaces matrimoniais que tiveron lugar entre o 24 e o 25 de xullo, festividade de Santiago Apóstol, ca reportaxe da voda entre Juan Manuel Pasantes Pérez, fillo de Manolo do Xacobo, e Camilla Nilsen, unha xove noruega de 33 anos de orixe asiática, que tivo lugar na Casa do Concello de Camariñas, e é que non sabemos si será o signo dos novos tempos pero o certo é que os enlaces civís gañaron por goleada aos eclesiásticos nos citados días da festa do Patrón das Españas. Pulsa na imaxe para ver a reportaxe completa e saber un pouco máis sobre Juan Manuel e Camilla.
Camariñas e Noruega unidas polo amor
Camarinas.eu da por rematada a publicación da
avalancha de enlaces matrimoniais que tiveron lugar entre o 24 e o 25
de xullo, festividade de Santiago Apóstol, ca reportaxe da voda entre
Juan Manuel Pasantes Pérez, fillo de Manolo do Xacobo, e Camilla
Nilsen, unha xove noruega de 33 anos de orixe asiática, que tivo lugar
na Casa do Concello de Camariñas, e é que non sabemos si será o signo
dos novos tempos pero o certo é que os enlaces civís gañaron por
goleada aos eclesiásticos nos citados días da festa do Patrón das
Españas.
Certamante a última das vodas que tiveron lugar o 25 de xullo presentaba unha serie de características que a facían peculiar, porque non tódolos días se casa un camariñán cunha noiva noruega. Pero é que ademáis Camilla, está moi alonxada fisicamente da visión estereotipada que por estas terras temos das mulleres nórdicas, debido a que a noiva da presente reportaxe ten orixe coreana dado que foi adoptada xunto á súa irmán a moita corta edade por un matrimonio noruego que se desplazou expresamente por este motivo a Seúl, capital de Corea do Sur, país de nacemento de Camilla.
Juan Manuel e Camilla coñecéronse hai xa un tempo na illa de Lanzarote, onde Camilla tras estudiar Psicoloxía e Maxisterio estaba a realizar unhas prácticas e teñen xa dous nenos, Eric e Jonathan, nacidos en Bergen (Noruega), onde Juan Manuel traballaba no Fisketorget, o mercado de peixe da localidade, famosa por outra banda en toda Noruega pola calidade do seu salmón exquisito, os famosos trolls noruegos e pola presenza de animais nórdicos como zorros árticos ou osos polares. A parella ten pensado vivir na Coruña, onde Juan Manuel traballa como comercial, e encara o futuro con optimismo, un optimismo que reflexa mellor que nada a frase en noruego que nos mandaron comunicar a todos os usuarios de camarinas.eu e que ven a significar "Sí, amamos esta terra":
"JA, VI ELSKER DETTE LANDET"
Pulsa para vera Juan Manuel nunha entrevista dunha televisión argentina
Comentarios
Charo e Diego.
E coña JOER. Un saludo para ti, Ere, Hectos y novia e para o resto da Familia.
E... SEJIDE, SEJIDE QUE COMER E O VOSO. JIJI.
LO DICE: Xoubax.
UN BESOOOOOOOOOOOO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.