4.5365853658537 1 1 1 1 1 Rating 4.54 (41 Votes)

Toña e Jorge casaron o día que a súa filla fixo a 1ª Comunión

Toña, Jorge e Thalía posan así de felices nun día clave das súas vidas
Toña, Jorge e Thalía posan así de felices nun día clave das súas vidas

Xa fai máis de unha semana que a nosa querida veciña Toña de Celsa e Jorge de Buría contraeron matrimonio. Foi xusto o venres 25 de xullo pero debido a problemas coas fotos non poidemos publicar nada deste orixinal enlace. Dicimos orixinal porque o mesmo día que se casaron os dous noivos fixo a comunión a súa preciosa filla Thalía. Pulsa na foto para saber algo máis dos recén casados e ver unha ampla galería fotográfica da Comunión de Thalía e da Voda dos seus pais.

Comunión e Voda nun solo día

Eran pouco menos das 12 do mediodía cando a familia de Thalía se dirixía á Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas para celebrar a 1ª Comunión da rapaza. A misa transcorreu coma sempre aínda que era un día moi especial: 25 de Xullo, día de Santiago Apostol Patrón de España e das Américas, e por eso na misa esperaba un sereno e serio Don Jesús que a pesar de estar a misa abarrotada de fieles orou, coma sempre, unha maxistral lección doctrinal acerca da humanidade.

Ao rematar a gran misa e xa tomada a hostia por Thalía, empezamos a sacar as fotos clásicas da 1ª Comunión. Rematadas estas, dirixímonos rápidamente hacia a Casa do Concello de Camariñas onde os pais de Thalía eran casados nunha ceremonia civil por un nervioso Alcalde de Camariñas nun acto simple e rápido. A continuación, dirixímonos hacia o Restaurante Doña Rita en Muxía donde se celebrou un banquete exquisito. Despois do postre e o café chegaron os chiquitos, e como consecuencia destes chegaron tamén os inevitables bailes e meneos que proliferaron por doquier, sendo un dos máis meneadores caderiles o noso querido e gran amigo Manolo "O Cochero", que non pudo parar de bailar ao son do dúo que no restaurante actuaba.

Pois nada máis. Desde camarinas.eu esperamos e desexamos que Toña e Jorge vivan felicies moitísimos anos en compaña da súa preciosa filla Thalía: ¡¡¡VIVAN LOS NOVIOS!!!

Comentarios   

duquesa
0 # vamos de bodaduquesa 04/08/2008 12:48
Bueno a verda e que todos mui pero que moi guapos si señor.Que todo vos vaia bonito.
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 04/08/2008 12:51
Deseoche toda a suerte do mundo todos mui guapos si señor.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 04/08/2008 19:51
Deseoche que seas muy felis toña e tamén desirche que tes unha filla muy bonita, enhoraboa.
Responder | Denunciar ante o administrador