- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 20 Xullo 2008 20 Xullo 2008
O Cristianismo non está en crisis en Camariñas

Don Jesús diríxese ós fieis congragados nunha abarrotada Igrexa Parroquial de San Xurxo
Hai xente intelixente que decide encanar dúas festas consecutivas. Tralos días gloriosos das Festas do Carmen hai persoas que non contentas con eles decide prolongar un pouco máis a festa e bautizar e facer a 1ª Comunión dos seus fillos no domingo posterior ao Carmen. Eso foi o que pasou hoxe en Camariñas, onde nunha ateigada Igrexa Parroquial tivo lugar un domingo pletórico de bautizos e comunións. Pulsa na imaxe para saber quenes foron os nenos bautizados e comulgados no día de hoxe e ler a noticia completa.
O Cristianismo non está en crisis en Camariñas
Decíamos que o cristianismo non está en crisis en Camariñas, porque polo que se ve domingo tras domingo, a nosa igrexa sempre está a reventar de fieles e o número de bautizos, vodas e comunións non fai máis que subir. En fin, será que na milenaria Vila de Camariñas non somos tan modernos coma noutras partes do así chamado, por algúns iluminados e novos apóstoles non se sabe moi ben de que, "Estado Español". E sen dúbida, así seguirá a encherse o noso templo parroquial con homilías tan impresionantes como a que hoxe dou o noso querido páter Don Jesús sobre a misericordia, técnicamente perfecta e inobxetivable dende un punto de vista doctrinal.
Así, as ceremonias que cubríu o noso querido e tiránico Director de camarinas.eu foron os Bautizos de Álex, fillo de Fran de Xaviña e a súa dona (filla do finado e querido José Ramírez "Chicote") e Alba, filla de Manoliño de Chichí e a súa fermosa dona. Subindo un peldaño no escalafón católico, as comunións que cubrío Diego Alonso foron as de Paula, filla de Diana do Caracol e a outra rapaciña que comulgou por primeira vez foi Ariana, filla de Arjemiro de Buría e Victoria, que traballa de carniceira no Gadis. Tendo lugar os banquetes en diversos restaurantes de Camariñas que estaban repletos de xente. En fin, polo que se ve o cristianismo non está en crisis en Camariñas.
Comentarios
Coa mesma, Artai aproveita a ocasión para mandarlle un saudo a Álex que estaba moi guapo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.