- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 07 Xullo 2008 07 Xullo 2008
Este sábado 5 de xullo celebrouse na Igrexa Parroquial de Vimianzo o enlace matrimonial entre Pedro do Peruco e a súa xa esposa Sole. A pesar dos temores que os noivos e o fotógrafo tiñamos toda esta semana con respecto ao tempo que iba a facer o día presentouse radiante e todos e todas luciron as súas mellores galas. A brigada de amigos e familiares camariñáns de Pedro desprazouse ata Vimianzo onde tiñan preparado un fruallo de bocinas e máis de 20 kilos de arroz, macarróns e demáis legumbres para tirar aos novios no momento que saíran da igrexa xa casados.
Pulsa na foto para ver a reportaxe completa do enlace entre Pedro e Sole.
Camariñas invade Vimianzo no día do Asalto ao Castelo
Pois si, era o día en que os veciños da vila de Vimianzo celebraban a súa particular visión da historia no "Asalto ao Castelo" que leva como 12 edicións e ven a engrosar a larga lista de empachos e sobredosis tradicionaleiras que se viven estes últimos anos neste recuncho de España e que xa, aparte de aburrir, teñen algo cansada a esta redacción. O caso é que os irmandiños de Vimianzo nada puideron facer para parar o que se lle caía enriba: unha voda dun camariñán. Os bocinazos, cánticos, pitos dos coches, berros, aplausos e incluso caldeiros cheos de arroz tomaron as calles do feudo de Alejandro Rodríguez, Alcalde perpetuo de Vimianzo, sin que os tales irmandiños, reservados seguramente para a gran borrachera de "tradición" da noite asomaran as súas melenudas e rastafaris cabezas (por certo, unhas sinais de identidade moi característias dos antigos poboadores de Galicia: os Rastas. ¡Ay, ay!).
Despois do casamento, o arroz apoderouse das calles da vila de Soneira e acto seguido os noivos e un humilde e destartalado fotógrafo desprazáronse, como non, ata o Faro Vilán, Reira e os pantaláns do Club Náutico de Camariñas para sacar as obligadas fotos de recordo de tan especial día. Cando chegamos ao restaurante donde se celebraba o banquete xa estaba a festa montada e os camariñáns eran os animadores da festa. Todos os amigos de Pedro e Sole recibiron aos noivos con aplausos e "vivan los novios" e xa poidemos sentarnos todos a degustar os manxares que no restaurante nos tiñan preparados. Despois da comida non podía faltar o detalle humorístico esperado e non podía vir de outros: Fran Santamariña e o Gori. Os dous ausentáronse do banquete para comprar un porquiño pequeno en calquera das aldeas colindantes. O caso fui que non encontraron ningún lechón e o que trouxeron foi un porco como un burro que soltaron polo restaurante adiante. O animal, ao verse no medio de tal jaleo sichouse de medo e empezou a defecar por todo o restaurante adiante ante a risa de todos os comensales. En fin, unha gran festa para celebrar o casamento de Sole e Pedro.
Comentarios
fdo: laura
A traca final co porco foi tan inesperada como celebrada, pasámolo moi ben.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.