4.5846153846154 1 1 1 1 1 Rating 4.58 (65 Votes)

O Club Náutico premia o periodismo de calidade de camarinas.eu

O apoio prestado polo Club Náutico de Camariñas quedará para sempre na memoria de camarinas.eu
O apoio prestado polo Club Náutico de Camariñas quedará para sempre na memoria de camarinas.eu

Camarinas.eu quere agradecer en público o gran detalle que tivo a asociación máis importante do Concello de Camariñas, o Club Náutico, cas webs existentes na nosa vila. Ante o silencio e falta de apoio da meirande parte do empresariado local, que se acordase de nos a citada asociación, presidida polo periodista máis importante da historia da Costa da Morte, Xose Luis Blanco Campaña, xornalista profesional, con título e estudios que o acreditan sobradamente, é para camarinas.eu a maior recompensa que podíamos esperar. Por eso, dende esta humilde web queremos agradecer sinceramente á directiva do Club Náutico este detalle que tiveron coas páxinas web de Camariñas para facer posible que o xornalismo de calidade sobreviva na antiga vila de Camariñas.

Camarinas.eu homenaxeada polo CNC

Aínda que inicialmente a cena de homenaxe ás webs da vila de Camariñas estaba prevista que comenzase as 10 da noite, todos os asistentes tiveron que esperar un pouco máis de media hora, dado que o director dunha das webs homenaxeadas, Diego Alonso Freire, retrasouse debido a que estaba a cubrir a voda que o veciño de Camariñas Pedro do Peruco celebraba nese momento, voda da que mañán luns se nada o impide teredes unha reportaxe exhaustiva. Así pois, sobre as 11 menos cuarto e con máis de sesenta asistentes comenzou este evento que tiña como obxectivo homenaxear e facer posible a supervivencia das dúas webs existentes en Camariñas.

A comida discorreu prácidamente nun ambiente cordial e de amistade, como non podía ser de outra maneira, ata que rematados os postres comezaron os discursos. O primeiro en falar foi Xosé Luís Blanco Campaña ao que escoitalo falar en público e sempre un auténtico espectáculo: bromas, guiños ao público, vellos recordos, unha memoria infatigable fan que oir a Xosé Luis sexa un pracer para os sentidos, pero que como contrapartida ten que os que temos que falar despois del quedemos literalmente aos pes dos cabalos. Non se pode superar o insuperable. Unha vez feita a entrega dos diplomas e polos co logotipo do Club Náutico máis antigo e máis importante da Costa da Morte, tomaron a palabra José Manuel Olveira e Diego Alonso, directores das webs homenaxeadas. Tamén tomou a palabra Juan Esteban Campaña Carril, o noso querido Estudiante, que quixo agradecer en público todo o apoio que as citadas webs brindaron á súa familia nos malos tempos que tuveron que sufrir. Por último Xosé Luís brindoulle o micro a Marcos, Redactor de Cultura de camarinas.eu, o cal dou un discurso bastante frío e monótono, tal e como corresponde a un funcionario. 

Rematados os discursos chegaron os chiquitos e como consecuencia inevitable destes chegaron tamén os bailes e os meneos caderiles oficiando como disc-jockey de luxo Xosé Luis e como si dunha Cheerleader de 16 anos de Los Ángeles Lakers se tratase, a nosa querida usuaria Josefa Carril ("Rubiasexy") fixo honor ao seu nick cuns meneos imponentes. Quecha quixo seguir os seus pasos pero ante tal avalancha de sensualidade pouco pudo facer. En fin, unha gran iniciativa do Club Náutico apoiada ademáis cunha donación de 150 euros para financiar ó noso servidor que dende camarinas.eu agradecemos profundamente. Moitas gracias.

 

Comentarios   

Pion
0 # Pion 06/07/2008 20:40
enoraboa diego e compañia polo homenaxe que vos deron e colle uns dias de vacasions que che an de faser falta cando acabe o verano
Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 06/07/2008 21:25
Jrasias a Diario Camariñan e Camariñas.Eu .Jrasias por os reportajes que fasedes durante todo o ano.Enoraboa.
Denunciar ante o administrador
lusina
0 # lusina 06/07/2008 22:07
Bueno,o homenaxe que fixo o Club Náutico,estuvo moi ben,pero non esperaba eu que tivera tan pouca afluencia de xente,pois vese pouca colaboración por parte dos usuarios da paxina,despois cando a cousa vai mal e se fala de cerrala,todo mundo sale a suplicar que non o fagan.Pois penso dende a miña opinión que si para mín foi unha decepción,¿que sería para os principales colaboradores?, gracias que o levan con filosofía e inda se cachondean eles mismos "do fracaso".en fín as amistades se ven nas ocasions,síntoo por eles que sí se poñen a pensalo ben mandan todo a Merda
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # festarubiasexy 07/07/2008 11:53
pos afesta do clu nautico estubo criminal o que pasa ese dia tamen ubo sardiñada pero bueno muiben grasias diego as fotos mui bonitas fas majas sefa e os pedros viva camariñas
Denunciar ante o administrador
trintadousventos
0 # trintadousventos 07/07/2008 13:38
hai que agradecer a club nautico o merecido amenaxe que lle fixo a estas duas paxinas, pero non eston de acuerdo co comentario de Lusina, pola pouca xente que se presentou en esa cena , a meu pensar foi por dous motivos, primeiro en ningun momento o nautico fixo unha invitacion formal e publica en ningun sitio,tamen en ninguna das duas paxinas se invituo a os usuarios a tal cena ( cousa que e normal pois eles foron os invitados non os organizadores) tan solo billi aparecio pedindo a existencia de todos , pero claro a pesar das suas boas intencions el non e quen pa facelo, polo tanto deduzco duas cousas ou os do nautico tan solo querian que asistisen o seu nutrido grupo de elegidos aristocraticos, ou a organizacion de tal evento foi un desastre, como e havitual en esa agrupacion, desde meu pensar hai un pouco das duas cousas, de todas formas o trasfondo e de admirar , un 10 pa Luis Blanco e un cero patatero pa os seus organizadores.
En canto a o que di Lusina de que non somos unidos ,non e tal , eu non iria a cena nin de coña, pero si calquera dos directores da paxina me pedira cartos pa manter a paxina , donlles de bo gusto , e eso e o que vale o demas son pamplinas, e politca de quedar ben.
Denunciar ante o administrador
taller
0 # taller 07/07/2008 13:43
Ahh, bella ragazza aquesta rubiasexy...
Denunciar ante o administrador
O SOCO
0 # O SOCO 07/07/2008 14:06
enhoraboa Diego e Marcos, sodes dous autenticos cracks. Enhoraboa o club nautico por este recoñecimento as duas paxinas. E a ver si o Ayuntamento algun dia recoñece o ben que estan a facer estas paxinas polo pueblo que non estaria nada de mais.
Denunciar ante o administrador
Javi
0 # Javi 07/07/2008 14:38
Nada mas que decir.... ENHORABOA, estades a facer unha labor fora co comun..... FELICIDADES
Denunciar ante o administrador
DAPO DICE
0 # DAPO DICE 07/07/2008 15:41
SOCO TIENS RAZON PRO EL AYNTAMNT NO LE BENEFICIA Q STS PAGINS TENGAN TANTO PODER Q NO PUEDN CONTROLAR EL AYUNTAMNTO.X ESO NO APOLLAN STAS PAGINS. XAO
Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 07/07/2008 18:46
eU DIJO COMO O sOCO,
O AYNUTAMIENTO TAMÉN DEBERÍA DAR UNHA AXUDA AS DUAS PAGINAS.
Denunciar ante o administrador
pepewells
0 # pepewells 07/07/2008 19:13
Realmente, me congratula que una inatitución de la importancia y altura de miras del Club Náutico, que tuvo la audacia de constituir la primera asociación de su especie en la Costa da Morte cuando no había nada, idea en la que sólo creyeron un puñado de visionarios, haya reconocido la labor impagable que estas dos webs han hecho por el pueblo de Camariñas, una labor que ha hecho qe Camariñas sea un pueblo distinto de los demás, un pueblo mejor, un pueblo de artistas.
Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 07/07/2008 21:25
noraboa diego!!
Denunciar ante o administrador
lusina
0 # Rectificaciónlusina 07/07/2008 23:42
Si esta cea do Naútico,estaba dirixida solo a invitación de socios,enton digo que os que entran na paxina que eu sei que sí o fan todos os días,e son socios e non viñeron a cea, ou teñen envexa ou non teñen a donde ir,pois hai uns personaxes dentro que sí non son eles os que mandan,nín comen nin deixan comer (non colaboran en nada),pero as pestes dos cheiros das suas empresas témola que comer todos nos(a eles sí que lles axuda o concello)
Denunciar ante o administrador
currodetras
0 # currodetras 08/07/2008 00:16
nos mismos estamos a criticar os usuarios das paxinas,¿por que non tratamos de mirar o por que,de tan pouca afluensia?
un motivo xa o dixo 32 ventos,non se fixo chamamento os usuarios en general,pouco reclamo,solo BILLY,pedindo afluensia,pero...
tamen hay que pensar que era dia de festas e celebrasions,mu itos usuarios estaban de boda,outros de festa da sardiña,como non,outros as suas festas na PONTE,e tamen no asalto o castelo de VIMIANZO,por favor non critiquemos a quen non fui,pudo ter os seus motivos...
estas paxinas que sigan asi e os seus diretores que non cambien,todos os meus animos pa eles
un saludo
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.