- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 03 Xullo 2008 03 Xullo 2008
O Club Náutico recoñece o traballo de camarinas.eu

Unha asociación da importancia do Club Náutico de Camariñas ten prevista a celebración este sábado 5 de xullo dunha cena de homenaxe ás páxinas web existentes na Vila de Camariñas. Unha cena á que camarinas.eu, a web con máis entradas e máis visitada da historia da Costa da Morte, presentarase xa con máis de 900.000 entradas. ¡¡900.000 entradas e casi 950 usuarios rexistrados en pouco menos de once meses de vida!!
Por esa razón camarinas.eu quere agradecer o detalle ideado polo Club Náutico e o seu Presidente o mestre e exemplo de xornalistas José Luis Blanco Campaña, lector asiduo do noso diario, e da iniciativa de donar 150 euros para o mantemento da nosa web. Unha web que pese ao seu número xigante de entradas sobrevive económicamente gracias as aportacións dos seus redactores e dun pequeno grupo de camariñáns que tomaron a iniciativa no seu momento evitando a desaparición da súa páxina de referencia. Un fantasma de desaparición que aínda non está conxurado xa que en breve haberá que facer frente ao pago doutros dous trimestres de mantemento do servidor sen que aparezcan fondos por ningún lado.
RECOÑECEMENTO ÓS DIARIOS DIXITAIS DE CAMARIÑAS
O vindeiro sábado, ás dez da noite, o Club Náutico de Camariñas entregará diplomas de recoñecemento ós diarios dixitais da vila das palilleiras, polo seu labor a prol de Camariñas e os camariñáns. Os diplomas serán recollidos no transcurso dunha cea que se ofrecerá no seu honor por Xosé Manuel Olveira, director do diariocamarinan.com, e Diego Alonso Freire, director de camarinas.eu.
Con este detalle, a entidade deportiva e social camariñá pretende render público recoñecemento a dous medios dixitais que veñen desenvolvendo unha grande labor na rede, unindo ós camariñáns de todo o mundo, poñéndoos ó dia no que atinxe ó acontecer da vila e o concello, e mesmo recuperando con gran acerto historias, anécdotas, temas populares e saberes varios do mundo local.
Os dous responsables dos medios dixitais camariñáns recibirán un diploma acreditativo da homenaxe e un regalo do Club Náutico, que ofrece ós navegantes non profesionais o único porto deportivo e de lecer da Costa da Morte. Como se recolle no Plan de Portos, presentado recentemente pola Xunta de Galicia, o de Camariñas será, como xa é desde hai quince anos, o porto de recreo mais importante do tramo de costa comprendido entre A Coruña e Portosín.
02.07.08
Comentarios
tamén desir que en esa foto está meu pai, un dos sosios fundadores do club nautico.
animo diego que aquí estamos, po que faja falta.
por non falar de seu trato a xente de camariñas , as que descriminan como nos tempos de Pimpinela.
Non merecen o sitio que Portos lle prestou, nin merecen representar a este pobo de mariñeiros.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.