- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 30 Xuño 2008 30 Xuño 2008
Unha gran cea que lamentablemente non puido ser coroada cun baile

Di un bo amigo desta redacción que Camariñas é un pobo cheo de Presidentes, Directores, Secretarios, etc.. un pobo donde das unha patada a unha árbore e caen cinco ou seis asociacións, unhas sen moito xeito e outras que sí levan a cabo unha gran acción social orientada ao desenrolo do Concello de Camariñas. Precisamente este é o caso da Asociación de Amas de Casa. Hai xa uns anos que esta asociación se adica a facer cursillos, programar actividades e facer viaxes para todos os seus socios, en definitiva, levar a cabo unha labor social que xustifica sobradamente a súa existencia.
Este ano como é habitual celebraron a súa Cena Anual elixindo para elo o Restaurante do Club Náutico, lugar onde se reuniron máis de 70 persoas para estar en compañía de amigos, cenar, pasar un rato agradable e revisar en conxunto todas aquelas actividades realizadas no anterior ano. Sen embargo por razóns que non se chegan a comprender moi ben este precioso pastel non poido ter como merecida guinda un baile para os asistentes a esta cea, razón polo que o que máis e o que menos mostrábase bastante desilusionado. En todo caso, camarinas.eu quere felicitar á Asociación de Amas de Casa pola magnífica labor que están a realizar e dalle todos os ánimos necesarios para que no futuro sigan polo mesmo camiño. Se queres ver unhas fotiños desta gran Cena Anual (sen baile) pulsa na imaxe principal.
{multithumbs}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.