Un exército camariñán invade Ourense

Rosana e Andrés posan para a inmortalidade diante da cámara de camarinas.eu
Rosana e Andrés posan para a inmortalidade diante da cámara de camarinas.eu

Co retorno do redactor enviado a Ourense con motivo da voda do camariñán Andrés Ramos Ayora, camarinas.eu volve a publicar unha reportaxe co selo de calidade indiscutible da web líder desta franxa atlántica. Da man da mellor pluma (e espada) da Costa da Morte, camarinas.eu relata un evento chamado a figurar nos Anales da Historia e que fixo que máis de 50 camariñáns se desprazasen ata Ourense este sábado 21 de xuño: o acontecemento no que o primeiro membro da mítica e desprestixiada Vieja Guardia foi devorado irremisiblemente polo monstruo do amor. Pulsa na foto para ler esta reportaxe con máis de 70 fotos elaborada polo noso enviado especial á terra das Burgas.

Voda de Rosana e Andrés

A primeira sorpresa que experimenta a comitiva camariñana enviada á cidade de Ourense con motivo do enlace matrimonial entre a ourensana Rosana Vázquez Lorenzo e o camariñán Andrés Ramos Ayora é a brevedade dunha viaxe chamada en principio a ter tintes épicos: tan só dúas horas a través dunha magnífica e recente autovía que se agota a tan só uns 20 km de Ourense. A segunda é un despiadado e sahariano calor africano que fai que os viaxeiros, xentes da lonxana costa atlántica, se sintan como peixes fóra da auga dende o primeiro momento e boten de menos o día exhuberante de praia que deixaban atrás, na refrescante e veraniega Camariñas.

Sen embargo, as 12:45 toda a embaixada camariñana atópabase puntualmente no casco vello de Ourense, na rúa peatonal de Santo Domingo, diante da Igrexa Parroquial do mesmo nome para asistir a un evento, chamado a ser histórico para os membros daquel grupo de amigos íntimos, a autodenominada "Vieja Guardia" (por algúns tamén "La Vieja Escuela"), que ao longo dos anos 90 escribío por garitos, buchinches, lupanares, pubs, tugurios e demáis antros de malvivir tan gloriosas páxinas cas que manter elevada a moral dunha nación que daquela non se clasificaba para semifinales, non. En efecto, un dos membros prominentes daquela banda de foraxidos, o noso Andretti, casábase.

Nas portas do católico templo esperaba á súa futura esposa Andrés da man da súa madriña: unha espléndida Viruca, súa nai. Polos arredores seu pai Ramón xogaba cos seus dous recentes netiños, polos cales literalmente tolea. Alí os seus amigos atoparon a un Andrés tranquilo e confiado, consciente da importancia do paso que ía a dar e da non volta atrás do mesmo. En definitiva, un home enamorado, eso foi o que os seus amigos atoparon. Entre eles, podía verse a Marcos Vázquez Campaña, Interventor do Concello de Camariñas, a Luis Esteiro Ramos, redactor de cine de camarinas.eu, tamén ao pretérito redactor de deportes da mesma web Luis Rodríguez Luaces. Todos eles, secundados polo seu primo Carlos Ramos Fuentes, Director de Cajacanarias na illa de Fuerteventura, constituiron a guardia pretoriana encargada de asegurarse de que a misión suicida de levar ao noivo ao Altar do sacrificio se cumprise sen maiores eventualidades. Ademáis, formaban parte da citada embaixada de Camariñas, aparte dunha importante delegación da familia Ramos que non podía faltar a voda do seu sobriño, José de Corme e a súa dona Lola de Gude, a súa filla Viri e o seu esposo Jose, os cales puideron desfrutar dun día de asueto sen os seus fillos, os cales quedaron ao coidado dunha irmán do marido na Coruña. Non podían faltar tampouco Xabi Casal e Antonio Alonso Jr. expertos en deporte e saúde, ademáis de Ángeles, Rosita, María, Patricia, é decir toda a pandilla.

Celebrada a ceremonia relixiosa, o banquete tivo lugar no Restaurante Cabú, situado nun alto nas aforas de Ourense dende o que se dominaba toda a cidade das Burgas. Cando os noivos fixeron a súa entrada no Salón de banquetes Andrés, sempre da man dunha espectacular e fermosa Rosana, fixo un par der saúdos cunha torería e arte como só se poden ver nestas terras españolas e que fixeron que os tendidos se viñeran literalmente abaixo. Despois tivo lugar unha fantástica comida, e esgotada ésta, o baile na discoteca do piso baixo do restaurante. Finalmente sobre as 23:00, toda aquela comitiva camariñana, unha vez levada polo autobús de volta a Ourense, despedigouse pola noite da cidade das burgas, pero todos sen excepción tiñan na mente o mesmo desexo: Unha longa vida de felicidade e amor para Rosana e Andrés, o primeiro membro de La Vieja Guardia en caer devorado polo monstruo do amor.

Comentarios   

PIRUCA
0 # PIRUCA 24/06/2008 11:00
FELICIDADES E NORABOA ANDRÉS E ROSANA!!!!
MOI BONITO TODO E TODOS MOI GUAPOS.
UN SAÚDO A TODOLOS CAMARIÑANS.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 24/06/2008 11:07
muitas felisidades a andres e rosana estades juapisimos todos e como di lusina haber se vos animades os demás que vai sendo hora. juapisimo llucof,que ben che queda o traxe.
Responder | Denunciar ante o administrador
taller
0 # taller 24/06/2008 11:08
Il sacro sacramento dell matrimonnio, niente piu bello nel mondo!!
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
0 # zhúkov 24/06/2008 12:32
Bueno, eu quero aproveitar para desexarlle todo o melor ó meu amigo de toda a vida Andretti, co que pasei tan bos momentos deambulando pola Coruña adiante, sin facer absolutamente nada, un tempo perdido espléndidamente , jajaja, e tamén felicitalos a el e súa xa esposa Rosana pola fantástica voda que celebraron e na que todo salío perfecto e na que tan ben o pasamos todos os que alá fomos dende Camariñas. ¡¡Felicidades e Noraboa!!
Responder | Denunciar ante o administrador
lusina
0 # lusina 24/06/2008 12:32
Zhúcov,pareces James Bond (vaia estilaso),estad es moi guapos todos,o millor vos contaxia a alguns a boda de Andrés e nos toca,pero que non sea tan lonxe eh.Noraboa a Andrés e a sua dona,bicos
Responder | Denunciar ante o administrador
Fernandiño
0 # QUE MONADA !!Fernandiño 10/05/2010 15:34
¡¡¡ ANDRESIÑO !!!
Tremenda xoia te levaches meu filliño...
Non sabes ti ben, onde te metiches...
MOITA SORTE AMIGUIÑO.
Unha nenaza de pelo loiro enteiriña coma ningunha, ata na pesetiña?
Meu rei, o mellor logro que fixeches da túa vida.
Viviran felices e comeran pedices e se tes moitos cartiños moito mellor?
Responder | Denunciar ante o administrador