- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 26 Mai 2008 26 Mai 2008
Hoxe cumpre anos un camariñán da xeración do 1.975

Juanillo, sendo máis pequeno era o líder deste grupo de rapaces e non soltaba o balón
Na entrevista do Top Camariñas adicada a Juanillo, lembrábamos que este era un membro clave daquela xeración de rapaces camariñáns que naceron no albor de unha nova época, 1975, ano de cambios trascendentais en España. Por iso mesmo neste 2008 aqueles nenos que nacían no medio da incertidume e da esperanza cumpren 33 anos. Algúns deles, como é o caso do noso homenaxeado hoxe, vendo cumpridos a estas alturas da súa vida gran parte dos soños forxados naquela lonxana infancia de finais dos setenta.
Moitos foron os soños cumpridos por Juanillo: vivir da profesión que sempre amou, o fútbol, ser querido e respetado no seu barrio natal de Corea e por extensión en todo o Concello de Camariñas e tamén en todos aqueles equipos nos que militou profesionalmente, ter unha fermosa familia, etc.. Por elo, ainda que algún soño quedara no camiño (¡Ay ese anhelado ascenso!) hoxe 26 de maio felicitamos ao noso usuario Juanillo e aos seus queridos pais pola feliz noticia so seu 33 cumpreanos.
Comentarios
escuitastes as cansions que che mandei jajaja.
que cumplas moitos mas
SALUDOS
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.