4.5 1 1 1 1 1 Rating 4.50 (32 Votes)

 Coñecendo o mar de Camariñas

Os rapaciños pasárono pipa a bordo desta vella embarcación
Os rapaciños pasárono pipa a bordo desta vella embarcación

O Concello de Camariñas, por medio da Técnica de Medioambiente, coa colaboración da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia puxo en marcha o luns 19 de maio a actividade de clausura do programa COÑECENDO O MAR DE CAMARIÑAS.

A bordo do Chasula (unha antiga tarrafa restaurada como aula-obradoiro) xa se celebraron a primeira e segunda xornadas, que continuarán ao longo de toda a semana, nas que os rapaces tiveron a oportunidade de facer un roteiro pola ría, no que puideron coñecer de cerca como é a vida do mar. Ademáis do roteiro, puideron desfrutar tamén de una exposición sobre artes e aparellos de pesca, especies que se explotan…Ao longo de toda esta semana, máis de 100 escolares poderán participar na actividade, que será clausurada o venres 23 e con ela o programa.

 Coñecendo o mar de Camariñas

Image 

LUGAR:

Porto de Camariñas (detrás da fábrica de xeo)

DATA:

Do luns 19 ao venres 23 de maio de 2008 en horario de 9:30 a 13:30h

Obxectivos:

Os obxectivos que pretende acadar o programa son que os alumnos coñezan o mundo da pesca (especies que se capturan, artes de pesca, sinalización no mar... e o mesmo barco). A visita ten ademáis un enfoque hacia a orientación laboral dos alumnos, xa que se pretende concienciar de que tanto a pesca coma o marisqueo son saídas laborais con futuro. Preténdese, ademais, garantir o relevo nestes sectores con un alto grao de profesionalidade, xa que nos últimos tempos estase detectando que os xoves non os ven como una saída laboral.

Destinatarios:

Ao longo das cinco xornadas das que consta esta última parte do programa, participarán máis de  100 alumnos de educación Primaria dos colexios O Areal de Camariñas e do CEIP de Ponte do Porto.

Programa:

As chegadas ó Porto de Camariñas son ás 9:30h. A metade do grupo programado para cada día fai o roteiro en barco e a outra metade visitarán una exposición sobre a pesca e o marisqueo, con paneis informativos, artes de pesca en maquetas e proxección de un DVD. A exposición estará ubicada na Casa de Pedra.

Ás 11:30h invírtense os grupos.

Máis información:

Técnica de Medioambiente do Concello, coordinadora do programa: Carmen García Moroño

Centro de Iniciativas Empresariais, Rúa Real s/n,

Teléfono 981736373/610386800 de 9:00 a 16:00 horas de luns a venres.

Correo electrónico:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Comentarios   

Rueironovo
0 # Rueironovo 20/05/2008 18:06
Pareseme que para os rapaces tuvo que ser unha experiencia mui boa,cando eu tiña 11 ou 12 anos,fun ca escola da ponte a unha actividad que consistia en ir nunha fragata da Armada Española a dar un paseo pola ria de Camariñas,e realmente paseino criminal,espero que estes rapaces o pasaran ben.A iniciativa pareceme mui boa.SESÈ
Responder | Denunciar ante o administrador
castillo30
0 # castillo30 20/05/2008 21:40
esto esta mui ben pos rapaces
Responder | Denunciar ante o administrador
santabaia
0 # me gustasantabaia 20/05/2008 21:59
Esta,coma outras actividades sempre son de agradecer.
Aprender,coñecer e interesarse polo pobo e o seu entorno e unha das bases para ir educando os nosos nenos e si por por sorte os non tan nenos temos a oportunidade de formar parte destas actividades mellor que mellor.
Responder | Denunciar ante o administrador
lusina
0 # lusina 20/05/2008 22:41
Pareceme muy instructivo esta actividade para os rapaces,seguro que para eles esto é unha gran esperiencia que a van a recordar moito tempo,seguro que o pasaron bomba
Responder | Denunciar ante o administrador