- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 30 Abril 2008 30 Abril 2008
Un aniversario moi especial
Pois nada, Manolo "O Perón" e Pepita da Xaneira xa celebraron outra comida máis coa súa familia ao completo. Desta vez o banquete non o fixeron na súa casa como todos os domingos, se non que se desprazaron xuntos ata o Restaurante Puerto Arnela onde degustaron os exquisitos manxares que alí preparan. E é que non era para menos porque como decíamos na noticia do seu aniversario, 50 anos de casados non se ven tódolos días nos tempos que corren. Despois da comida, viñeron os regalos que a familia do Perón e A Xaneira lles tiñan preparados e que emocionaron a todos. Vimos chorar de emoción a Señor Manolo, Señora Pepita, Pitola... bueno, a todos, fillos, netos, etc...Este 21 de abril celebrouse unha data moi especial para unha familia moi unida. Unha familia que quere mostrar todo o seu cariño aos seus maiores. Manolo "do Perón" e Pepita "A Xaneira" cumplen 50 anos de casados, ou sexa, as Vodas de Ouro, algo que non sole verse moito nestes tempos de divorcios rápidos, abortos fulminantes e modernidade a todo trapo. Os fillos, xenros, nora e netos de Manolo e Pepita queren celebrar por todo o alto esta data e mostrarlles todo o amor e devoción que sinten por eles, e como non, para elo confiaron na web líder da Costa da Morte: camarinas.eu, unha web na que non importa a política, unha web ao servizo da xente.
A historia de Manolo e Pepita comezou hai moitos anos, tantos coma 55 anos cando se coñeceron coma tantos mozos daquela época no Baile da Piosa. Neste mítico baile Manolo e Pepita comezaron a xuntarse, falar, pasear e, de vez en cando algún bailiño que outro. Aínda que Señor Manolo non era moi dado a mover o esqueleto e non tiña moito sentido do ritmo. Señora Pepita, vendo que Manolo non se mostraba moi bailarín empezou a bailar con outras amigas e amigos para ver se Manolo respondía e se animaba a bailar. Entón Señor Manolo, cheo de celos empezou a dar uns pasiños de baile ao estilo daquela época, pouco a pouco, como quen non quere a cousa, acercándose a súa Pepita á cal colleu sen avisar e empezou a pegarlle uns meneos ante a grata sorpresa de Pepita, a cal vío que a súa estratexia funcionara á perfección. Desde ese momento Señora Pepita e Señor Manolo comezaron a namorar, como se dicía antes, e empezaron a intimar máis tódolos días, aínda que Pepita despois de coñecelo ben chamáballe a Manolo co apodo de "Mudo" debido a que este era moi parco en palabras. Eso sí, señor Manolo reunío as suficientes forzas para un bo día falar co seu corazón e pedirlle para casar ao seu anxeliño. Algo ao que ela, como se ve nesta noticia, respondeu afirmativamente. A voda celebrouse o 21 de Abril de 1958 e a xa non se separarían máis un do outro ata que Manolo tivo que coller as maletas e marchar para Suiza, coma tantos dos nosos paisanos, para manter á súa familia que xa formaban unha muller e tres nenos pequenos.
Señor Manolo, xa en Suiza, traballou na construcción sete anos e cando falaba coa súa muller, que quedara en Camariñas cos seus fillos solía bromear con ela, e Manolo decíalle a súa muller: "Ti tranquila, non te preocupes, que xa che giro ao banco o que me sobre a min". Evidentemente non era verdade, Señor Manolo traballaba día e noite para mandarlle os cartos para manter á súa familia. Aos sete anos volveu de Suiza e púxose a traballar en Cerdeiras donde se xubilou fai anos.
Esta sería a historia dos nosos protagonistas de hoxe. Non é unha historia de grandes amores, nin de grandes xestas. É a historia sinxela e humilde de unha familia que sempre se mantuvo unida e que incluso a día de hoxe e desde sempre solen reunirse os domingos avos, fillos, netos e xenros a comer todos xuntos, donde ríen, falan, discuten e incluso a veces cantan, como comprobou un día que pasou pola súa porta o redactor que escribe. Señor Manolo e Señora Pepita, un exemplo en tempos revoltos.
"Moitas felicidades de parte dos vosos fillos, netos, xenros e nora"
Comentarios
TAMÉN DA GUSTO VER A FAMILIA TAN UNIDA,SI SEÑOR.NORABOA.U N SAUDO A TODA FAMILIA.
Tampoco siguieron modas, ya que hoy un matrimonio comienza por un buen divorcio y las separaciones llegan antes de subir al altar.
Vivimos en un mundo loco en el que el amor parece una utopía .
Cuando Béquer escribió su poema de “Amor eterno” seguro que pensaba en Sr. Perón y la Sra. Pepita.
“Podrá nublarse el sol eternamente;
Podrá secarse en un instante el mar;
Podrá romperse el eje de la tierra
como un débil cristal.
¡todo sucederá! Podrá la muerte
cubrirme con su fúnebre crespón;
Pero jamás en mí podrá apagarse
la llama de tu amor.”
Desde aquí les deseo que sigan juntos por lo menos otros cincuenta años más.
Buenos días Camariñas.
Fdo. Bufardo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.