4.4181818181818 1 1 1 1 1 Rating 4.42 (55 Votes)
Como ven sucedendo en Camariñas dende datas inmemoriais, este domingo un nutrido grupo de adolescentes (e algúns non tan adolescentes) confirmaron a súa fe católica diante do Vicario de Santiago nun acto masivo de Confirmación que tivo lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Poidemos contar ata máis de sesenta persoas que hoxe cumpriron cun rito básico da relixión cristiana, xunto ao do bautismo e ao da comunión. Outra vez volvía a lucir o templo camariñán un magnífico aspecto enchéndose ata o punto de que moitos dos asistentes tivéronse que quedar fóra. Don Jesús oficiaba acompañado polo Vicario chegado expresamente dende Santiago para esta ocasión. E é que non era para menos: máis de 60 persoas íanse a confirmar na mañá deste domingo 20 de abril de 2008, na súa gran maioría xóvenes adolescentes camariñáns. Entre eles usuarios básicos desta web así como familiares dos mesmos.

Así, entre os confirmados destacamos entre outros, a nosa querida e fermosa Beauty María Belén (que lucía un espectacular novo look) e que estivo acompañada da súa nai, a súa tía e a súa irmán, a estupenda Lucía; tamén se confirmaba outra Belén máis, a filla dos nosos queridos usuarios "O Roco" e Jola, e que estaba guapísima como sempre. Xa que vai de guapas tamén se confirmaba Pati (a filla de Manuel "O Yanqui" e Paloma); outra, Pilar Carballo Campaña que levaba de madriña á súa tía Eva, muller de Delmiro; tamén se confirmaba o seu primo Diego, fillo do noso usuario Billy. E así un longo etcétera de rapazas e rapaces de Camariñas aos que se lle sumaron algúns non tan xóvenes que aproveitaron para cumplir cun sacramento que tiñan pendente: o da Confirmación. En fin, felicidades a todos e xa sabedes, portádevos como bos cristianos.

Comentarios   

mantida
+1 # RE: Domingo de Confirmacions en Camariñasmantida 20/04/2008 22:03
as fotos estám todas muy bonitas, hasta os mayores tardaron ven en confirmarse,sej uro que aljúns querense casar,si non, non se confirmaban.
Responder | Denunciar ante o administrador
fabio
+1 # RE: Domingo de Confirmacions en Camariñasfabio 21/04/2008 09:23
SI SEÑOR DIEGO TA BEM BUNITO O REPORTAGE S AFTOS TAN CRININBNAL.AS RAPASAS SON BEM JUAPAS,E TAN MUI ARREJLADIÑAS.FE LISIDADES A TODOS
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+1 # con firmasionrubiasexy 21/04/2008 12:32
muy bonitas fotos si señor way grasias diego sefa
Responder | Denunciar ante o administrador
pepewells
+1 # Un rito antiguopepewells 21/04/2008 13:44
Preciosas fotografías de un rito muy antiguo...las viejas tradiciones se perpetúan en el presente
Responder | Denunciar ante o administrador