- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 27 Marzo 2008 27 Marzo 2008
Pauliña cumple 22 anos

Pauliña nunha foto que lle trouxo a súa avóa a Diego
Pois con este xa van tres. Tres nun día. A verdade é que xa parecemos unha páxina de sociedade, pero como tampouco tíñamos moitas noticias que publicar (somos un pueblo pequeno, che), desta forma zafamos o día. O tercer cumpreanos dun usuario de camarinas.eu neste 27 de marzo é o de Paula Más, a nosa Pauliña, que está alá polas Canarias, onde tantos camariñáns atoparon unha nova vida pero sen nunca olvidarse da súa terra.
Unha rapaza ben alegre, unha cantante fóra de serie, que con Adriana do Mantido ao acordeón facían un dueto musical de primeira magnitude que chegou a ter un éxito clamoroso na TVG, e que teñen pendente con todos os usuarios unha festa lúdico-musical no Café Bar Arnela este vran. Rocío e Paula, sempre pendentes de Camariñas, atoparon na nosa web o lugar idóneo para seguir en contacto con todos os seus seres queridos. Pois dende aquí Pauliña, a máis nova dos tres Aries de hoxe de camarinas.eu, dende aquí berrámosche a través do océano: ¡Feliz Cumpreanos!
Comentarios
De quen foi o regalo??
A verdade é que non o esperaba; acabo de entrar na paxina para darlle as gracias a todo o mundo que me felicitou, e xa me vexo en primeira plana, jajaja. Justoume comarea, si señor, alegroume o dia. moitisimas graciasssss. Bicos
chao preciosa..
PD:ESTAS MOI GUAPA CO GORRO
sales wapisima nas fotos, e nada q espero verche pronto.
un abrazo.
Pero non me tiredes tantos piropos que me derrito toda, jaja; vouno a creer e despois non vai haber quen poda conmigo, jajaja.
Ah! unha cousiña para hombre lobo:
-gustoume moito o teu comentario pero non sei quen eres, digamelo usted por favor.
BICOS PA TODOS!!!
cuidae
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.