3 1 1 1 1 1 Rating 3.00 (4 Votes)

O Concello de Camariñas homenaxea e pon en valor os principais oficios das mulleres da zona a través dun mural no CEIP Ponte do Porto. Na peza aparecen seis mulleres desenvolvendo seis oficios nos que se inclúen labores máis tradicionais, ligados ao sector primario, e outros máis vencellados a ciencia e a investigación.

A creación, levada a cabo por Mutante Creativo, componse de dous  trinomios que representan, cada un deles, a tres mulleres e tres oficios. Por unha banda, no bloque da esquerda están a labrega, a mariscadora e a astrofísica. No outro, á dereita, están a palilleira, a redeira e a bióloga molecular.

Así, combínanse as tarefas máis artesás, que conformaron o principal sustento da zona, xunto coa liña da modernidade e o progreso. Deste xeito, reivindícase o importante papel das mulleres neste eido que tantas veces se lles negou e que está a resultar un dos piares fundamentais da nosa sociedade actualmente.

O obxectivo do mural e poñer en valor o papel histórico da muller no noso pobo, enxalzando a  súa figura e situándoa, de forma visible, como un exemplo a seguir e símbolo da súa fortaleza.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.