5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

O pasado 28 de Decembro comezou en Muxía o obradoiro dual de emprego promovido polos concellos de Muxía, Camariñas e Vimianzo. Dirixido por Lidia Varela consta de dúas áreas de acción: “actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” e “promoción turística local e información ao visitante”.

O obxectivo deste curso é axudar a inserción laboral dos seus participantes que, tras el, obterán un certificado de profesionalidade e poderán acreditar experiencia dentro do eido laboral que escolleran.

Tarefas

O alumnado-traballador da modalidade “actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” está composto por 12 membros/as e traballarán baixo a organización do monitor Manuel Remuiñán. Esta semana iniciaron xa as tarefas de roza, limpeza e poda no monte da Covadiña de Brañas Verdes (Aldea Madeira).

IMG-20210303-WA0015.jpg

Pola outra banda a especialidade de turismo local está composta por 8 membros/as e a súa monitora é Sandra Pesqueira. Nel están a traballar no deseño e execución dunha visita guiada que leva o nome “A muller, o encaixe e o mar” na que tratarán de por en valor todo o relativo aos oficios desenvolvidos polas mulleres do Concello de Camariñas.

A visita realizarase como actividade tanto ao público en xeral como á veciñanza na próxima semana santa, concretamente o luns 29 de Marzo ás 11:00. Esta farase cumprindo os protocolos Covid establecidos polas autoridades sanitarias. Os interesados en participar deberán enviar un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. aportando os seus datos nos que se incluirán a idade e un teléfono de contacto.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.