5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Dende o ano 2004 os alumnos de 5º e 6º de primaria dos centros educativos do Concello de Camariñas participaron no programa “O Mar na Escola” de forma ininterrompida. Porén, debido a situación sanitaria durante o 2020 este non puido levarse a cabo, mais volve no curso presente tras recibir o permiso da Inspección Educativa.

“O Mar na Escola” é unha iniciativa que permite aos seus participantes comezar a andaina no mundo das embarcacións a vela. Neste pequeno curso aprende os fundamentos básicos deste deporte como poden ser os nós, a orientación no mar ou mesmo a bota e manexo das embarcacións de forma práctica. Deste xeito, todas as rapazas e rapaces dos cursos de 5º e 6º de primaria do Concello de Camariñas poderán volver a participar nel durante este curso. Esta semana comezarán as sesións teóricas e na vindeira as prácticas.

“O Mar na Escola” conta co apoio e xestión da Real Federación Galega de Vela polo que os participantes estarán cubertos co seguro de accidentes pertinente, e en cada unha das actividades seguiranse as pautas sanitarias marcadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade no apartado de actividades complementarias do seu protocolo.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.