4.4736842105263 1 1 1 1 1 Rating 4.47 (38 Votes)

O Presidente da Xunta inaugura a XVIII Mostra do Encaixe

Momento no que Emilio Pérez Touriño cortaba a cinta inaugural
Momento no que Emilio Pérez Touriño cortaba a cinta inaugural

Coincidindo coa maioría de idade da Mostra do Encaixe de Camariñas, por primeira vez nos seus dezaoito anos de existencia, un Presidente da Xunta de Galicia acercouse ata a Vila dos Encaixes para inaugurar, xunto co Alcalde camariñán Pichurri mailo Presidente da Excma. Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda, a maior concentración de Encaixe do mundo. Pulsa na foto para ver a noticia completa e ver unha pequena galería de fotos.

Touriño inaugura a XVIII Mostra do Encaixe

O Desfile de moda foi todo un éxito de público
O Desfile de moda foi todo un éxito de público

Coincidindo coa maioría de idade da Mostra do Encaixe de Camariñas, por primeira vez nos seus dezaoito anos de existencia, un Presidente da Xunta de Galicia acercouse ata Camariñas para inaugurar, xunto co Alcalde camariñán máis o Presidente da Excma. Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda, a maior concentración de Encaixe do mundo.

Desta forma o Presidente Touriño recollía a invitación formulada polo Alcalde de Camariñas no mitin que dou no polideportivo municipal o PSdeG-PSOE o 7 de febreiro deste ano dentro da precampaña para as eleccións xerais 2008. Touriño non lle fallou ao Alcalde e así na tarde deste mércores dezanove de marzo ás 17:00 facía a súa chegada á porta do recinto feiral para, acompañado de Manuel Alonso e Salvador Fernández Moreda, proceder a cortar unha coqueta cinta inaugural feita de Encaixe de Camariñas, o mellor encaixe do mundo.

O Presidente da Xunta salientou a importancia da Costa da Morte no seu discurso
O Presidente da Xunta salientou a importancia da Costa da Morte no seu discurso

Instantes despois e ante unha gran multitude que xa a esas horas enchía o recinto tiveron lugar os discursos dos tres políticos, destacando o do Presidente da Xunta que incidío na importancia da artesanía galega e dentro dela o noso encaixe como factor decisivo do impulso que o seu goberno quere dar a Costa da Morte, que segundo os plans da Xunta convertirase nunha comarca punteira e de futuro.

Rematados os discursos, e acompañados da Directora Xeral de Comercio e Consumo, a bloqueira Ana María Rúa Souto e do Alcalde de Muxía Félix Porto, procederon a facer unha ronda por tódolos stands da Mostra que este ano atrae a profesionais procedentes de algunhas rexións españolas como Cataluña e La Rioja e de nacións extranxeiras coma Bélxica, Canada, Francia, Italia e Portugal entre outras. Ás seis da tarde e xa sen o Presidente Touriño, tivo lugar o desfile de moda de grandes deseñadores onde o público que abarrotaba o recinto pudo desfrutar da fermosura das modelos e do estilo vangardista que estos deseñadores lle imprimen ao milenario arte do encaixe.

Finalmente, e para todo aquel que o desexara, a partir das 19:30 tivo lugar unha degustación de productos típicos que foi servida polos alumnos da Escola Taller. Tanta era a cantidade de xente que quería tomar un chiquito e ir xa cenada para casa que non se daba abasto a repartir as viandas. Bueno, pois así rematou a xornada inaugural da Mostra do Encaixe que esperemos acabe nun éxito como as anteriores edicións.

Comentarios   

jose de marta
0 # jose de marta 19/03/2008 22:55
Bueno ahora que a mostra e xa mayor de edad esperemos que siga muitos anos mais e que este ano transcurra todo pola normalidade.VIV A CAMARINAS.
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # Mikel 19/03/2008 23:14
Von facer un comentario a nivel personal,é a miña opinión solamente;
..A Mostra do Encaixe foi a idea máis productiva nunca vista en ningún concello da Costa da Morte e incluso de Galicia.A pesar de variar pouco,pois é unha feria de Encaixe,non de articulos varios,é unha feira q atrae moitisima xente a nosa costa,,,está anunciada ata nas principais cadenas televisivas pero teño unha pequena duda,,,,,Non entendo como nunca asistio a ela Don Manuel Fraga,pois él sentia aprecio polo noso encaixe,de feito cando casou a infanta da casa real,Fraga regalou encaixe de Camariñas,non entendo de relacións diplomáticas pero sigo sin entendelo,perdo nade pola miña ignorancia.Ahor a tamén quero expresar a miña alegria por asistir a Camariñas Touriño,,vese q escoita ben a Marisol Soneira e cumple con nós como o primeiro,,,grac ias Mister Touriño.De Fern´´andez Moreda nin que decir,,estubo,e stá e penso q estará sempre apoiando a nosa mostra dende o terreo personal e a nivel Diputación,como bo presidente q exerce,,,un home que cae ben ao personal polos grandes detalles q leva mostrado hacia Camariñas,,ata o campiño de herba artificial que van facer,,un 10 para este señor.Oxalá a Mostra siga adiante,oxalá o que a leva non se trabuque e atenda a demanda do pobo e estea ao nivel dos visitantes q se asoman,,a todos dende o que a ideou,Alonso,Ba utista,Marisol etc,ata a palilleira máis xoven Gracias por levar o nome de Camariñas con moito orgullo...
Responder | Denunciar ante o administrador