- Escrito por Víctor Fernández Álves Víctor Fernández Álves
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 19 Xaneiro 2021 19 Xaneiro 2021
Hoxe, martes 19 de Xaneiro, da comezo o cribado masivo da veciñanza de Camariñas con probas do coronavirus. De tal xeito, están a ser citadas mediante sms a persoas maiores de 18 anos e menores de 60 que residen no concello para realizar a proba pcr. Os veciños de Camariñas e Xaviña terán que desprazarse até o centro de saúde da localizade camariñá, mentres que os habitantes de Camelle e a Ponte do Porto deberán facelo a casa da cultura de Vimianzo.
O motivo deste cribado masivo é a detección de casos asintomáticos, poder confinalos e frear así o aumento de contaxios que se está a producir na zona dende o nadal. As probas realizaranse ao longo desta semana, aínda que non se descarta continuar na seguinte se fose necesario.