5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (2 Votes)

Os Reis Magos de Oriente entrarán a Galicia en barco por Camariñas o 5 de xaneiro para repartir regalos e ilusións por todos os fogares. A cabalgata, que arrincará ás 11 horas coa recepción no porto ás Súas Maxestades, percorrerá todas as parroquias ao longo da xornada. A tradicional cabalgata este ano, por mor das restricións sanitarias, non terá paradas nin se lanzarán caramelos pero percorrerá ás rúas do municipio. Para solucionar isto, últimos días os Reis están enviando ás casas de todos os nenos e nenas de Camariñas unha carta e unha bolsa de gominolas.

 

A cabalgata estará adaptada ao contexto sanitario actual incorporando medidas preventivas. As Súas Maxestades de Oriente percorrerán todas as parroquias desde a súa chegada o día 5 de xaneiro ás 11 horas.

Itinerario da Cabalgata de Reis 2021 en Camariñas


itinerario-cabalgata-reis-camarinas-2021.jpg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.