5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (5 Votes)

Un dos actos máis multitudinario da Mostra do Encaixe 2019 tiña lugar na noite do venres 17 de abril na sala de desfiles. Alí, ante preto de 300 persoas era presentado en sociedade o video promocional do concello camariñán "Eu Son Camariñas". Ao final por fin se resolveu ese misterioso video promocional que tiña en vilo a todos e cada un dos cidadáns do concello e que fixo que en unha semana as redes sociais do programa sumaran centos e centos de cidadáns ávidos por saber como sería o desenlace final que foi desvelado neste evento. Acto presentado polo seu creador Diego Alonso Freire que estivo acompañado polos protagonistas desta historia de música e terra. A gran ausente desta espectacular estrea era a unha das protagonistas principais do programa Belem Tajes, a intérprete de Arou que estaba de viaxe por Nueva York e que quixo estar presente mediante un video que nos enviou a todos os asitentes dende a cidade dos rañaceos. Despois chegou o turno da proxección do video que, tal e como acontecera na preestrea, volveu a arrincar os aplausos emocionandos dun público entregado posto en pe que non quixo perderse a oportunidade de agradecer e dar a noraboa a todos os integrantes deste programa promocional que vos adxuntamos a continuación aquí en Camarinas.eu

Engadir un comentario