3 1 1 1 1 1 Rating 3.00 (2 Votes)

As bágoas caeron na segunda xornada da XXIX Mostra do Encaixe coa emotiva homenaxe a Raquel Moreira, directora do Museo de Encaixe, e Virtudes Rodríguez, presidenta da Asociación Rendas. Un acto moi emotivo que estivo presentando por Quique Morales, amenizado por Guadi Galego e no que a alcaldesa, Sandra Insua, entregou aos familiares as dúas creacións destas incríbles mulleres que a partir de agora se exporán no Museo do Encaixe. Ademais.

No acto as familias recibiron as creacións que se exporán no Museo do Encaixe. A asistencia da xornada foi de 5.577 persoas.

A segunda xornada da Mostra foi todo un éxito xa que se rexistrou unha asistencia de 5.577 persoas, aumentando así as visitas nun 50% con respecto ao mesmo día do ano pasado.

Pola tarde, foi a quenda para estrea dos noveis deseñadores que participan no concurso, no que se repartirán un total de 4.500 euros en premios e participan un total de 29 mozas e mozos que están a dar os primeiros pasos no mundo da moda. Son 15 escolas de moda as que participan, con deseñadores procedentes de toda Galicia, Portugal, Asturias, Barcelona, Sevilla, Granada, Baleares, Zaragoza, Alicante e Madrid.

Guadi, como artista que puxo a música do spot oficial da Mostra deste ano, tamén actuou no desfile de Grandes Deseñadores que pechou a segunda xornada desta vixésimo novena edición da Mostra do Encaixe.

Engadir un comentario