1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Despois da multitudinaria preestrea de Eu Son Camariñas, o equipo creativo deste programa promocional do Concello de Camariñas ven de publicar no blog da súa web oficial o video do acontecido o pasado domingo 7 de abril na Casa de Pedra. Alí preto de 200 persoas se deron cita, a pesares da intensa chuvia, para ver en primicia o video-clip que ten en vilo a toda Camariñas. Neste acto foi o seu creador, Diego Alonso Freire, o encargado de explicar nunha interactiva e amena presentación en diapositivas de todo o programa.  A preestrea de Eu Son Camariñas contou tamén con varias sorpresas como a proxección dun video do mellor deportista da historia da Costa da Morte, o camariñán Víctor Vigo que tamén se uníu a este programa. E ao final, despois dos emocionados aplausos do público asistente, o equipo de grabación recolleu, nun escepcional video, a opinión dos protagonistas do spot así como dalgunhas das testemuñas que quixeron voluntariamente valorar este proxecto promocional. E aquí volo deixamos a continuación para que poidades ver o acontecido nese acto de preestrea do programa Eu Son Camariñas.

 

Engadir un comentario