Na tarde deste pasado domingo 7 de abril estreábase cun éxito sobresaínte o programa promocional do Concello de Camariñas denominado “Eu Son Camariñas”. Ademáis dos protagonistas principais do programa asistíu a alcaldesa Sandra Ínsua acompañada de varios concelleiros así como unha representación de algúns dos colectivos participantes no proxecto coma, entre outros,  o empresario camariñán Andrés Cerdeiras Lemus. O acto, celebrado nunha Casa de Pedra abarrotada coa presencia de máis de 150 persoas, foi presentado polo creador de todo este programa promocional, Diego Alonso Freire, que desgranou polo miúdo nunha amena e xenial exposición todos os pormenores deste proxecto que comezaba a andar hai seis meses.

Diego Alonso recalcou no acto de preestrea que “éste non é o típico programa promocional no cal se mostran as paisaxes máis impoñentes de Camariñas, se non que trata de poñer en valor ás persoas do concello e mostrar a valía da nosa xuventude”. 

Primeiramente, despois das palabras de agradecemento pola desbordante acollida de esta preestrea, realizaba o creador audiovisual Diego Alonso a presentación dos protagonistas de “Eu Son Camariñas” que, acto seguido, procederon a dar unhas breves palabras ante o público do que supuxo para eles este proxecto.

Ante un atento público, desexoso de que se desvelaran por fin todos os secretos “intencionados” do programa, Diego foi descubrindo pouco a pouco os catro puntos dos que consta este traballo. Dende a creación da páxina web do proxecto, como as redes sociais concebidas para elo (Twitter, Facebook e Instagram) entre as cales se conta xa con máis de 1200 seguidores, así como tamén o traballo feito dende o blog de “Eu Son Camariñas”. Pero foi o cuarto destes puntos o que atraía a maior atención dos preto de 200 asistentes a este acto de preestrea, estamos a falar do video promocional de “Eu Son Camariñas”, que foi precedido dun video sorpresa do gaiteiro xaviñán residente en Londres David Carril que non pudo asistir ao acto, así como doutro video do xogador de balonmán Víctor Vigo. O mellor deportista de todos os tempos da Costa da Morte e xogador indiscutible do Quabit Guadalajara na mellor liga de balonmán do mundo formará parte deste proxecto promocional como o mellor exemplo do que a xuventude camariñana ten dado.

 

Despois de unha media hora de exposición do proxecto por parte de Diego Alonso chegaba o turno de enseñar o video promocional deste proxecto que emocionaba a todos e cada un dos espectadores que, ao remate dos caseque catro minutos do video, estouparon nun aplauso sinceiro e emocionado. Algunhas desas persoas que estaban nas butacas da primeira fila se acercaron aos creadores con bágoas nos seus ollos a felicitalos pola gran emotividade do traballo audiovisual.

Recollía o micrófono a alcaldesa Sandra Ínsua que alabou o gran traballo realizado tanto polos protagonistas e participantes do proxecto como polo equipo de producción. Ademáis anunciou que a estrea oficial de Eu Son Camariñas será celebrada na tarde do venres santo dentro da sala de desfiles da Mostra do Encaixe de Camariñas. E así chegaba o momento da clausura do acto cos agradecementos de Diego Alonso a todos os participantes aos que emplazou a saír á rúa e levar con orgullo o nome de Camariñas.

protagonistas creadores eu son camarinas

 

Engadir un comentario