Poucas veces se víu a todas as parroquias do concello de Camariñas revolucionadas de tal maneira como na mañá deste luns 11 de marzo. O motivo de tal sobresalto popular non era outro que o regreso das grabacións dun proxecto que marcará un antes e un despois na promoción do concello. Os integrantes do equipo de producción do proxecto audiovisiual "Eu son Camariñas" comezaban moi cedo as labouras dixitais que veñen a poñer o broche final a esta serie de grabacións que se sucederon ao longo de todo o concello. Entre os protagonistas desta historia que está chamada a quedar xa na memoria colectiva de todos os veciños do consistorio tivemos a oportunidade de rexistrar nas súas cámaras a esencia de todo o mellor que este gran concello e as súas xentes teñen para ofrecer: houbo dinámicas empresas de diferentes sectores, profesionais dos ámbitos máis caracterísiticos da nosa terra, emprendedoras do sector textil, as paisaxes máis impresionantes, as nosas máis representativas artesás, deportes e un largo etcétera que tivo o seu cumio na tarde cando se deron cita na lexendaria praia de Area Longa en Reira preto de un cento de nenos e nenas das diferentes escolas deportivas do Concello de Camariñas. Porque eso foi o máis emocionante para un redactor que a presente subscribe, ver a alegría e a ilusión que este proxecto provoca nos máis pequenos que ven como a súa terra, o seu fogar, e sobretodo eles mesmos son os protagonistas da historia que lles marcará para sempre. #EuSonCamariñas

 

Engadir un comentario